Aproximación ó patrón 4: Actividade-exercicio en

pacientes con Trastorno Mental Grave na Unidade

de Continuidade de Coidados de

Santiago de Compostela


Approach to pattern 4: Activity-Exercise in

patients with severe mental disorder from the

continuity healthcare unit of Santiago de Compostela



Susana García-Luengo Álvarez.

Enfermeira especialista en Saúde Mental

Mª Esperanza Sánchez Vázquez.

Enfermeira especialista en Saúde Mental

Ramón Ramos Ríos.

Psiquiatra

Manuela Mª Currás Castiñeira.

Técnico Aux. de Coidados de Enfermería

Sara Liñares Sixto .

Técnico Aux. de Coidados de Enfermería

Alberto Colón García-Luengo.

Enfermeiro


Unidade de Continuidade de Coidados Hospital Psiquiátrico de Conxo

Correspondencia: susana.garcia@mundo-r.com


RESUMEN

 

Introdución: A atención continuada do paciente con trastorno mental grave (TMG) realízase de forma integral mediante a elaboración e desenvolvemento do plan individualizado de rehabilitación (PIR). Dita atención ten lugar no entorno do paciente, polo que adquire grande relevancia a súa independencia para levar a cabo actividades, tanto físicas como de autocoidado. En enfermería estas son valoradas polo Patrón  4: Actividade-Exercicio, da Taxonomía de M. Gordon. As alteracións abórdanse usando as taxonomías de diagnósticos NANDA, de obxectivos NOC e intervencións NIC. No presente traballo valoramos o impacto e o manexo da alteración deste patrón.


Métodos: Estudio descritivo retrospectivo dos PIR de 19 casos.


Resultados: Os Patróns 1 e 4 apareceron alterados en todos os casos. No Patrón 4, prevalecen os NANDA “Déficit de actividades recreativas” e “Sedentarismo”, os NOC “Autocoidado:AIVD” e “Benestar persoal”, os NIC “Acordo co paciente” e “Axuda cos Autocoidados: AIVD”.


Discusión e conclusións: O patrón 4 do PIR preséntase alterado en todos os pacientes con TMG a tratamento na nosa unidade. A homoxeneización da atención con PIR é primordial na coordinación e continuidade dos coidados tanto a niveis sanitarios como sociais e comunitarios. Non hai suficientes NIC definidos para o traballo no domicilio con persoas con TMG. Os NOC deben ser consensuados cos usuarios, en TMG non sempre é posible. As intervencións individualizadas axudan ó PUC a desenvolver a súa auto-motivación e seguridade. Evidéncianse unha diminución no número de ingresos.

 

Palabras clave: enfermería, gordon, actividade, exercicio, mental, coidado, nanda, nic, noc, autocoidado.

 

ABSTRACT

 

Objective: Continuity healthcare of patient with severe mental disorder (SMD) implies an integral intervention by elaborating and developing an individual rehabilitation plan (IRP). Attention is given on patient´s environment, that is why independence ability for developing self-care and physical activities acquires a strong relevance. These activities are valuated in nursing by Pattern 4: Activity-Exercise from M. Gordon Taxonomy and its  alteration is diagnosed by NANDA, outcomes established by NOC and interventions by NIC. The aim of this work is to valuated the impact and handle of this pattern´s alteration.


Methods: Descriptive retrospective study of individual rehabilitation plans (IRP) from 19 cases.


Results: Patterns 1 and 4 were altered in every case. About Pattern 4, most prevalent were: NANDA “Deficient diversional activity” and “Sedentarism”, NOC “Self-Care: IADL” and “Personal Well-Being”, NIC “Patient Contracting” and “Self-Care Assistance: IALD”.


Discussion and conclusions: Pattern 4 was altered for every patient with SMD treated in our unit.Equalization on the development of IRP is essential for coordination and continuity in health, social and community care.There is lack of defined NIC for working at home from patients with SMD.NOC must be agreed with patient, which is no possible in some SMD patients, due to reasons like disability, negation of disease, etc. Individual interventions are designed to help the patient to elaborate self-motivation and security, analyzing patient’s emotional and physical response. A reduction of admission in institutions has been evidenced.

 

Keywords: nurse, gordon, activity, exercise, mental, care, healthcare, nanda, nic, noc, self-care.


INTRODUCCIÓN

 

A Unidade de continuidade de coidados de Santiago de Compostela foi creada no ano 2004 e ten a súa base no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Pola súa localización está interrelacionada con: Hospital de Día, Centro de Día, Unidades de Rehabilitación, Unidades de Longa Estancia, Pre-Piso, Pisos Protexidos e as Unidades de Saúde Mental III e IV [1].


Atende a persoas con Trastorno Mental Grave (TMG) da área de Santiago. Estas persoas sofren entidades clínicas diferentes, pero presentan unha serie de problemas comúns, derivados das discapacidades que produce a enfermidade en diferentes ámbitos. O equipo é multidisciplinar e está formado por un psiquiatra, dous DUEs especialistas en saúde mental e dúas TCAEs con formación en saúde mental. Cóntase co apoio de Traballadoras Sociais, Terapeuta Ocupacional, Psicóloga das Unidades de Rehabilitación, e persoal de Centro de Día do Hospital Psiquiátrico.


O equipo realiza reunións semanais nas que se elabora un Plan Individual de Rehabilitación (PIR), dividido en catro áreas de avaliación: Avaliación Psiquiátrica, Avaliación Social, Avaliación Ocupacional e Avaliación Enfermeira. No caso de enfermaría estrutúrase coas taxonomías NANDA[2]-NOC[3]-NIC[4] (North American Nursing Association - Nursing Outcomes Classification - Nursing Interventions Classification), baseándose na valoración por patróns de M. Gordon[iv], por ser a escala de valoración máis estendida en saúde mental, permitindo realizar en once áreas ou patróns unha valoración de enfermaría sistemática e ordenada.

 

OBXECTIVOS

 

1. Mostrar o impacto da alteración do Patrón 4: actividade e exercicio no paciente con Trastorno Mental Grave atendido na Unidade de Continuidade de Coidados de Santiago de Compostela.

2. Cuantificar os diagnósticos NANDA, os obxectivos NOC e as intervencións NIC de enfermaría máis prevalentes, dos usados para abordar a alteración do Patrón 4: actividade e exercicio, de M. Gordon.


METODOLOXÍA


Realízase un estudo de tipo descritivo retrospectivo.


A mostra está formada por PUC (pacientes-usuarios-clientes) a seguimento na Unidade de Continuidade de Coidados con PIR (Plan Individualizado de Rehabilitación) inserido en IANUS (Historia clínica electrónica). O período de estudo abarca desde novembro de 2012 ata marzo de 2015. Sendo un total de 19 casos, dos cales 11 son homes e 8 mulleres, cunha media de idade de 46 anos.


Recóllense os datos dos PIR, cuantificando o número de pacientes co patrón alterado en cada caso, así como nos diferentes diagnósticos NANDA, os obxectivos NOC e as intervencións NIC. Atópanse organizados por códigos e pódense buscar por orde alfabética.

Para implementar as intervencións realízase: visita domiciliaria, acompañamento na comunidade, consulta en despacho, e visita no hospital se está ingresado.

 

RESULTADOS

 

O Patrón 1: percepción e mantemento da saúde, e o Patrón 4: actividade e exercicio, atópanse alterados en 19 do total de 19 PUC; séguenlles con 18 casos, dun total de 19 pacientes, o Patrón 8: rol-relacións. Representado no gráfico1.


No patrón funcional 4 descríbese a actividade, exercicio, tempo libre e lecer. Inclúe: as actividades instrumentais da vida diaria como hixiene, cociñar, comprar, comer, traballar e o mantemento do fogar. O tipo, a cantidade e calidade do exercicio, tendo en conta a ocupación laboral, e as actividades de lecer. E os factores que interfiren co patrón desexado ou esperado polo individuo (déficits neuromusculares, riscos cardiopulmonares).




Dentro do Patrón 4 os diagnósticos NANDA máis prevalentes foron; Déficit de actividades recreativas (00097) con 9, Sedentarismo (00168) con 7, Deterioración no mantemento do fogar (00098) con 5 e Déficit de autocoidado: hixiene e vestido (00109) con outros 5 casos.




Os obxectivos NOC máis prevalentes foron: 0306 autocoidados: AIVD (4), 2002 benestar persoal (4), 1604 participación en actividades de lecer (3). Tal como se mostra no gráfico 2.




As intervencións NIC máis usadas para tratar a alteración do patrón 4 foron: acordo co paciente (6), axuda co autocoidado: Actividades Instrumentais da Vida Diaria (5), e establecemento de obxectivos comúns (5). Tal como se mostra no gráfico 3.




DISCUSIÓN

 

Para a elaboración do Plan de Coidados de enfermaría  atopámonos coa dificultade de entender algúns diagnósticos que están elaborados nunha sociedade cunha cultura distinta á nosa, a sociedade Norteamericana, e cuns niveis de atención sociosanitarios moi diferentes.


Dentro das actividades, destacan:


A. O diagnóstico Deterioro no mantemento do fogar (00098) engloba o relacionado co coidado do fogar; limpeza, orde, compra, elaboración e conservación de alimentos, coidado da roupa, adestramento na utilización de electrodomésticos. Todas elas están incluídas nas seguintes intervencións: 1805 Axuda cos autocoidados: AIVD, 7180 Asistencia no mantemento do fogar, 7500 Apoio para a consecución do sustento, 4420 Acordo co paciente. Estas actividades realízanse onde estea o paciente: o seu domicilio, lugares de abastecemento: mercados, supermercados, ONGs (Cáritas, Cruz Vermella…), etc.


B. Nos diagnósticos de Déficit de actividades recreativas (00097) e Sedentarismo (00168), infórmase ao PUC das actividades que o Concello, Asociacións, Residencias e o propio hospital poden ofrecer. Indicánselle os beneficios que a súa participación nelas ten para a súa saúde. Acompáñase e axudase nas diferentes xestións: bono bus, así como matrícula en ximnasio, piscina, cursos de formación, actividades de lecer e tempo libre. Acompáñase e animase a que realice paseos. Se é posible nas visitas domiciliarias evítase coller o ascensor. Estas actividades atópanse reflectidas nas intervencións NIC: 5440 Aumentar os sistemas de apoio, 4310 Terapia de actividade, 0200 Fomento do exercicio. E todo iso é posible grazas a 4420 Acordo co paciente e 4410 Establecemento de obxectivos comúns.


As intervencións realízanse de modo sistemático, co fin de aumentar a independencia do PUC e mellorar a súa calidade de vida. Establécense rutinas para cociñar, limpar, comprar, pasar o ferro, facer exercicio…, e outras actividades coherentes coas súas posibilidades físicas, psicolóxicas e sociais. Tamén se lle  procuran maneiras de contactar con servizos que fornecen axuda e apoio[4].

 

CONCLUSIÓNS

 

1. O patrón 4 do PIR preséntase alterado en todos os pacientes con Trastorno Mental Grave a tratamento na nosa unidade.


2. A homoxeneización da atención con PIR é primordial na coordinación e continuidade dos coidados tanto a niveis sanitarios como sociais e comunitarios.


3. Non hai suficientes NIC definidos para o traballo en domicilio en persoas con TMG. Xa Cibanal di: “non existe ningún diagnóstico enfermeiro, nin NIC, nin NOC que indique: comunicación terapéutica”[7].


4. Os NOC deben ser acordados co PUC, e en TMG non sempre é posible xa que poden intermediar situacións de discapacidade, ausencia de conciencia de enfermidade, etc.


5. As intervencións individualizadas deséñanse para axudar ao PUC a desenvolver a súa auto-motivación e seguridade, observando a súa resposta emocional e física. Evidenciándose unha diminución no número de ingresos[8].


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS


1. RAMOS RÍOS, R.; SÁNCHEZ VÁZQUEZ, E.; PIÑEIRO OTERO, S.; CURRAS CASTIÑEIRA, M.; PÉREZ FERREIRO, M.; PAZ BAÑA, A.; FERRER I BALSEBRE, L. Programa de Continuidad de Cuidados del servicio de Psiquiatría de Santiago. Avances en Salud Mental Relacional. Vol 11 (núm 3). Santiago de Compostela (2012).


2 NANDA Internacional. DIAGNÓSTICOS ENFERMEROS: Definiciones y clasificación 2009-2011. 8ª ed. Barcelona: ELSEVIER; 2009

 

3 Clasificación de Resultados de Enfermería. (NoC). 3ªed.Barcelona. ELSEVIER; 2004


4 Clasificación de Intervenciones de enfermería (NIC). 4ªed. Madrid ELSEVIER. 2005


5 GORDON, M. Manual de diagnósticos enfermeros. 10ª ed. Barcelona: ELSEVIER MoSBY; 2006


6 SÁNCHEZ VÁZQUEZ, E et al. Estandarización de las intervenciones en el registro de actividad del equipo de Continuidad de Cuidados de Santiago de Compostela. 9º Simposium Nacional tratamento Asertivo Comunitario en Salud Mental. Avilés. Xuño 2012


7 CIBANAL Juan, L; ARCE SÁNCHEZ, M.C; CARBALLAL BALSA, M.C:

“técnicas de Comunicación y Relación de Ayuda en Ciencias de la salud”. Madrid. Elsevier. 2003.


8 LIÑARES NISTAL, P; RAMOS RÍOS, R; SÁNCHEZ VÁZQUEZ, E. “Efectividad de los equipos de continuidad de cuidados para disminuir los ingresos hospitalarios en pacientes con trastorno mental grave”. I Xornadas de Clínica Psiquiárica. Atención ao doente con Trastorno Mental Grave, A Coruña, 4 de outubro de 2014.