Programa de Acompañamento Integral

“Relato dunha experiencia na comunidade”


Integral Accompaniment Program

“Story of an experience in the community”



Lois Pose Santos. Educador Social

Correspondencia: loispose@fontedavirxe.com

Enrique Domínguez Cabral. Educador Social

Correspondencia: edominguez@fontedavirxe.com

Asociación Fonte da Virxe. Santiago de Compostela


RESUMO


Este traballo refírese a unha experiencia desenvolta durante estes dous últimos anos (2013-2015) na Asociación Fonte da Virxe de amigos e familiares dos enfermos mentais, consistente na posta en marcha do “Programa de Acompañamiento Integral”. Trátase dunha proposta de rehabilitación aberta a comunidade e centrada na persoa que responde as demandas de usuarios/as e familias que reclamaban unha maior intervención fóra dos centros da asociación, participando neste proceso rehabilitador un equipo multidisciplinar de profesionais e incluíndo no proceso de traballo aos diferentes actores e institucións que forman parte do enramado social das persoas coas que intervimos.


Palabras chave: proxecto educativo; aberto a comunidade; acompañamento integral, centrado na persoa, autonomía.


ABSTRACT


This paper is based on the experience developed along these last two years (2013-2015) in the Asotiation called “ Fonte da Virxe de amigos e familiares dos enfermos mentais” focused on  the implementation of an “Integral Accompaniment Project”. It is a rehabilitation proposal , open to the community and person-centred approach to satisfy the growing demand from users and families who claimed more intervention out of the asociation centre. In this rehabilitation process are involved a multidisciplinary team of professionals and taking part in this work process all the actors and institutions who belong to the social network of our users.

 

Key words: educational project; open to the community; integral accompaniment; person-centred approach; autonomy.


ORIXES DA INSTITUCIÓN


A asociación xurde no ano 1994 ante a necesidade de cubrir o baleiro existente de protección, a falta de recursos sociais e sanitarios para as persoas que padecen un trastorno mental grave e persistente. É unha agrupación sen ánimo de lucro rexida pola Lei Orgánica 1/2002 e as disposicións que a desenvolvan.


O fin da asociación é promover a recuperación, a integración social, a mellora da asistencia e de calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais, así como, a defensa dos seus intereses e dereitos, incluíndo asimesmo a protección das persoas que padecen unha enfermidade mental que sexan menores de idade ou incapacitados.


As actividades desta asociación non están restrinxidas exclusivamente a beneficiar aos seus asociados, senón abertas a calquera outro posible beneficiario que reúna as condicións e características esixidas pola índole dos seus propios fins.


Servizos e dispositivos


Coa necesidade de crear espazos fóra do hospital psiquiátrico entre 1998-99 ponse en funcionamento o Centro de  Rehabilitación Psicosocial, onde impártense diferentes talleres, con unha capacidade de 50 prazas e situado no centro de Santiago de Compostela.


Tamén se dispón dun piso protexido con 4 prazas dende o 2002. Finalmente, no 2010 nas aforas de Santiago comezou a labor ocupacional-laboral do Centro Ocupacional.

 

ORIXES DE PROGRAMA


Claves.


Demandas familiares 


Aínda que dende había tempo se estaban a desenvolver na asociación actividades e programas fóra dos centros, as familias estaban a reclamar unha intervención máis directa e individualizada no ámbito sociocomunitario de cada usuario. Advertían, por unha parte que ou ben os seus familiares non asistían os talleres por diversos motivos, ou tiñan diferentes necesidades de apoio que só se podían cubrir no seu medio e por outra, a necesidade de información e apoio as familias para poder participar no proceso de rehabilitación. Entre as necesidades de apoio destacaban as seguintes:


- Necesidades de apoio para a realización de actividades da vida diaria: se ben algunhas persoas necesitaban formación para poder levalas a cabo, en outros casos as persoas sí sabían facelas ou ben porque as fixeran anteriormente en talleres ou ben na propia casa, pero sen embargo, non existía o hábito e os espazos para levalas a cabo.

- Necesidades de apoio nas relación interpersoais e comunitarias: dificultades de comunicación intrafamiliar, ausencia de rede social fóra das institucións, inactividade e illamento.

- Necesidades de apoio na adquisición de hábitos saudables: malos hábitos alimentarios, sedentarismo, elevado consumo de

café e tabaco, consumo de alcol e drogas.


Cambios nas estruturas familiares


Históricamente a familia foi o soporte de apoio tradicional das persoas con enfermidade mental. Fai xa anos que as familias están a cambiar e por conseguinte tamén o papel que as persoas con enfermidade mental xogan dentro delas. Entre os cambios que están a determinar este novo rol destacamos os seguintes:


- Maior lonxevidade e conseguinte envellecemento das persoas: este factor afecta por igual a coidador e coidado, obrigando as veces a intercambiar os roles entre eles, así como a entrada de novos actores.

- Crise do modelo da familia extensa: cada vez conviven menos membros da familia xuntos na mesma casa o que fai necesario a busca de máis apoios fóra, e implica moitas veces un esforzo de coordinación entre familiares.

- Aumento do dinamismo e mobilidade: cada vez máis membros da familia insértanse no mundo laboral, maior mobilidade de residencia.


Novos perfís


Os perfís das persoas con enfermidade mental coas que traballamos están a mudar, debido, entre outras causas, aos cambios sociais, avances tanto na medicina como nos modelos de rehabilitación psicosocial. Cada vez son máis as persoas que viven fóra do fogar familiar ou aspiran a elo, levando a cabo unha vida independente ou semi-independente. Cada vez era maior a reclamación por parte das persoas coas que traballabamos de desenvolver un proxecto de vida propio e de futuro, que tivera en conta as súas aspiracións desexos e soños, polo que reclaman axuda para poder levalo a cabo.


Perspectivas profesionais


Dende hai tempo tanto dende a clínica como do social, escoitábanse cada vez con máis forza as voces que defendían a necesidade da posta en marcha de intervencións de carácter asertivo comunitario. Todos estes cambios e circunstancias deron en que os profesionais da asociación replantexaramonos outras metas que foran máis aló da atención directa nos centros, e abordaran a rehabilitación dende unha perspectiva integral e prolongada no tempo.


POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA


No 2013 FEAFES pon en marcha un programa denominado “Programa de Acompañamiento Integral” cunha dotación orzamentaria propia procedente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Os fins de este programa, así como os seus principios metodolóxicos, daban resposta a boa parte das demandas e necesidades que tiñamos detectadas. Aínda que o programa contaba cunha partida orzamentaria propia, esta manifestábase claramente insuficiente para a posta en marcha dun proxecto coa suficiente entidade que dese resposta ás necesidades e demandas que estábamos a recibir. Neste punto decídese dende a asociación levar a cabo unha forte aposta económica coa contratación de dous educadores socias para poñer en marcha o programa.


Programa de Acompañamento Integral


Chegados a este punto do relato debemos dar explicación a como entendemos nos o programa. Para iso debemos descifrar tres interrogantes: Que facemos? Con quen traballamos? E Onde?


Que facemos?


Dentro das diversas competencias e funcións de educadores  sociais está a laboura de deseñar, desenvolver e avaliar os Plans Individualizados de Acompañamento (PIA). Entendemos este plan como:


- Proxecto educativo, seguindo os principios que fundamentan a acción educativa: individualización, socialización, autonomía, actividade creatividade e participación. Integral: utilizamos un enfoque holístico para analizar a realidade de cada persoa e poder intervir dunha maneira global.

- Centrado na persoa: cada individuo é diferente aos demais en canto a capacidades, intereses, etc. Centrámonos no desenvolvemento e na responsabilización no seu propio proxecto vital).

- No seu entorno: intervimos no ecosistema social e físico da persoa: familia, amigos, fogar, etc.

- Multidisciplinar: traballamos en conxunto coa diversidade de profesionais que configuran ese microcosmos social: profesionais da asociación, unidades de saúde mental, traballadores sociais das entidades, etc.

- Constructivista: acompañamos ás persoas en experiencias e dotámolas de ferramentas que lles axuden a construir as súas propias vivencias no desenrolo do seu proceso vital).


Temos que engadir, que este plan non funciona se non está consensuado e validado pola persoa.


Con quen traballamos?


As intervencións deste programa están dirixidas a persoas con trastorno mental severo e as súas familias.


O punto central sobre o que xira toda a intervención é a persoa, as súas demandas, expectativas, necesidades, desexos e soños, así como as súas debilidades e capacidades, facendo especial fincapé nestas últimas, xa que é sobre elas sobre as que se impulsa toda a intervención. A detección e a toma de conciencia destas expectativas e capacidades non se dan o mesmo tempo 

en todas as persoas polo que e preciso un tempo de reflexión e diálogo que nos leven a elas e nos permitan establecer un vínculo de confianza.


Co fin de poder dar respostas a todas estas cuestións, precisamos contar con todas as persoas e institucións que forman o seu ecosistema social.


Familia


Traballamos con e para as familias, recollendo a información que nos transmiten, facéndoos participes da intervención, dándolles ferramentas ,apoiándoos, e facendo labores de mediación.


Profesionais da asociación


O traballo cos diferentes profesionais da asociación permitiunos poder intervir en áreas e dende perspectivas que por nos sos non poderíamos chegar. Destacamos as seguintes claves:


- Traballo cooperativo: Intercambio de información e elaboración de estratexias conxuntas.

- Plantexamento multidisciplinar: Intervención dende múltiples perspectivas e técnicas.

- Obxectivo común: Os profesionais coñecen e comparten os obxetivos do programa.


Unidades de saúde mental


As unidades de saúde mental da área sanitaria de Compostela desenvolveron un papel fundamental na posta en marcha de esta experiencia. Intervimos con seis dispositivos de saúde mental pertencentes ao hospital psiquiátrico de Conxo e aos centros de saúde.


Dicimos que o traballo con estas unidades foi fundamental, non só debido as diferentes derivacións de casos, se non máis ben polos procesos de traballo en común, a elaboración de estratexias conxuntas, así como ao asesoramento e axuda que recibimos para poñer en marcha algunhas intervencións. Destacamos as seguintes claves.


- Comunicación. Estamos a manter xuntanzas periódicas para seguimentos e revisións dos casos. (Co fin de facer mais áxiles a comunicación empregamos con frecuencia o correo electrónico e os dispositivos móbiles).

- Coordinación. Compartimos os plans de intervención dos usuarios coordinando as diferentes actuacións.

- Asesoramento Clínico. Contar coa perspectiva clínica axudounos a poder entender mellor as diferentes circunstancias de cada persoa e abordalas dun xeito máis axustado.


Onde?


Todas as potencias individuais da persoa deben facerse no seu medio, na súa comunidade, onde desenvolve a vida diaria e co seus contextos e coordenadas culturais. Non podemos desenrolar a nosa actividade nun baleiro social.


Queremos facer mención aquí a unha serie de educadores invisibles, sensibles a esta situación: camareiros/camareiras, dependentes de supermercados, persoal dos diferentes recursos: centros sociais, bibliotecas, etc.

 

CONTA DE RESULTADOS


Despois destes últimos dous anos do Programa de Acompañamento Integral podemos trasladar algún dato cuantitativo da labor feita dende decembro do 2013 ata setembro do 2015.





Valoracións


As enquisas de satisfacción feitas a usuarios, profesionais e familias reflicten os seguintes resultados.


Profesionais: Valoración Moi Boa.


Familias: Valoración Boa.


Usuarios: Valoración Moi Boa.

 

Despois do traballo desenrolado nestes últimos dous anos podemos concluír que a posta en marcha do Programa de Acompañamento Integral reverteu en maior ou menor medida nun aumento da calidade de vida das persoas coas que traballamos e as súas familias. Destacamos unha maior implicación no seu proceso de rehabilitación, así como unha mellora na convivencia no fogar. Creemos que as claves destes avances están ligados o promoción da automonía das persoas, a asunción de acordos mutuos, a transparencia nas actuacións e a inclusión no proceso de todos os actores implicados.


O traballo asertivo comunitario amósase como unha ferramenta fundamental no proceso rehabilitador das persoas con enfermidade mental realizado dende as asociacións de familiares e usuarios, abordando este proceso dende un  enfoque holístico e integral que busca o desenvolvemento dun proxecto de vida propio.


BIBLIOGRAFÍA


1. MEDINA RUBIO, R.; GARCÍA ARETIO, L.; RUIZ CORBELLA, M. (2001). Teoría de la Educación. Educación Social. Madrid: UNED.


2. APPS; JEROLD, W. (1983). Problemas de la educación permanente. Barcelona. Ediciones Paidós Ibérica.


3. IBAÑEZ LÓPEZ, P. (2002). Las Discapacidades. Orientación e Intervención Educativa. Madrid. Dykinson.


4. SARRATE CAPDEVILA, Mª.L.(Coordinadora). (2002). Programas de Animación Sociocultural. Madrid. UNED.


5. MOSQUERA CONDE, Mª.P. y Colaboradores. (2012). Resolución de Casos Prácticos. Santander. Colección Concluyendo.


6. ABAD, A. Y GARCÍA, A. (2002). Autocuidado y Actividades Básicas de la Vida Diaria. Madrid. Cuaderno Técnico de Servicios Sociales de la Consejería de Servicios Sociales (Ed.)