Os sinais da voz


Pilar Martínez Conde (Pilocha)

Cantante


Oín cantar e chorei,

oín cantar e chorei:

Vállame Deus como cantan

amores que eu olvidei!


Se houbese que suliñar unha peculiaridade que fai diferentes aos seres hu- manos da inmensa maioría dos animais, esta sería a capacidade de articular palabras, de expresarnos e de falar, que marcan as relacións duns con ou- tros. as palabras son os vehículos que transportan o son, o son que nos permite relacionarnos, o son que atravesando a historia e o tempo, e evo- lucionando con eles, consegue que nos identifiquemos có grupo e mesmo que nos sintamos parte del. Palabras e silencios que compoñen o son da música propia de cada individuo, a nosa propia voz.


A voz acompáñanos dende antes de descubrir o exterior do corpo das nosas nais, a voz que escoitamos e que quedará impresa no noso acervo persoal como unha importantísima carpeta de vivencias non racionais pero presentes e influentes posteriormente, para lembrala e sentila, como a música grata da banda sonora do noso desenvolver ata asomar ao mundo. a voz converterase así, posteriormente, no son máis importante que producirá o instrumento musical có que todas e todos nacemos, o noso corpo.


Os estudosos da neuroloxía parecen estar de acordo en que xa os neardentais, con unha sonoridade menos clara que a actual e bastante máis nasal, tiñan xa a capacidade de comunicarse por medio da linguaxe articulada.


En base a iso consideran que é máis que seguro, que utilizaran a súa voz de xeito cantado, ben soa, ou ben acompañada, de percusións corporais ou golpeando sobre obxectos da natureza. tamén é importante a pesares da ambigüidade que hai ao respecto, tomar en conta que os primeiros instrumentos musicais que se atoparon datan de 35.000 anos atrás.


Non hai tampouco acordo sobre cando se pode datar a aparición da linguaxe tal e como agora a concibimos pero sí o hai en torno a que o coñecido como homo erectus, anterior ao neardental, xa imitaba os sons da natureza pola propia supervivencia, imitaba sons producidos por outros animais, o que lle podía proporcionar un extra na súa alimentación e tamén, cousa moi importante, traducía ao son da súa voz as emocións que os feitos naturais ou cotiáns lle provocaban: a dor pola perda dalgún dos seus, o grito para chamar a outros conxéneres, e moitas outras manifestacións vocais que lle propor- cionaban alivio. Desas manifestacións ao canto non hai distancia ningunha. así pois, en definitiva, descubrir que mentres haxa alento, hai voz e se hai voz por suposto hai vida, é seguramente outro dos seus grandes achádegos.


O poder da voz non se oculta ao longo da historia da humanidade.


non podemos obviar que todas as crenzas teístas que tanta influencia tiveron nos nosos antergos, que pensaban que toda a creación proviña da voz de Deus, conformaron a dedicación das voces humanas a adorar, suplicar ou glorificar a existencia do mesmo, e non só na relixión católica falando de que “no principio era o verbo que se fixo carne...”, senón que, tódalas culturas albergan un comezo similar de crenza colectiva na harmonía dos sons da natureza que serviron para ser reproducidos e imitados, por parte das diversas civilizacións con intención de facerse partícipes das cerimonias de achega- mento entre humanos e deuses, e mesmo nas distintas facetas da vida e da morte das persoas; cerimonias de nacemento e pasamento, de cambios de estación, de estímulo para o traballo, de cambio de 



status de nenos a adultos, de despedida e benvida de guerreiros e por suposto de intimidade e achegamento entre a familia, que sempre se celebraron, ou mellor dito, se acompañaron de cantos e sons producidos, moitos deles pola voz humana.


Algúns autores fan comparacións moi gráficas para facernos entender cómo se produce a voz nas persoas. Das que eu lín, a que máis me chamou a atención foi a que compara a incidencia dos raios de sol sobre un prisma de cristal e produce e descompón a luz nas sete cores do arco iris, así sería que a voz podería producir, segundo se utilice, os diferentes tons ou vibracións que coñecemos e que cada persoa tería a súa resonancia propia, a súa voz característica que producen os armónicos que conforman o noso timbre individual. todos temos a capacidade de escoitalo e algúns, con unhas capacidades sinestésicas marabillosas son capaces de velo ou de ulilo ou de relacionalo con outros sentidos e convertilo así nunha forza de poder extraordinario.


A forza, a enerxía que o noso son, a nosa voz ten, é realmente apabullante, moitísimo máis grande do que moitos de nós poderiamos imaxinar.


Non se nos pode escapar, e menos neste contexto de profesionais da saúde mental como sodes a maioría de vós, o que sucede con moitos dos vosos pacientes cando escoitan voces dentro da súa cabeza que son capaces de alterar por completo as suas vidas e os seus comportamentos.


Non podemos esquecer o que supón un constante estímulo negativo ou unha perpetua censura do comportamento dunha persoa converténdose nun dos peores maltratos que se poden sofrer, e non se precisa para facelo máis que de palabras.


Hai moitas achegas literarias para ilustrar o poder das voces tanto sobre materiais inertes como sobre materia viva.

Todos coñecemos o feito de escachar a copa de cristal cando canta unha soprano. o feito de que sexa unha soprano, ése sí é o mito, non inflúe para que isto sexa certo, porque realmente trátase de un fenómeno estudiado pola física acústica que indica que, partindo da premisa de que o son, a voz polo tanto, se transmite a través de ondas que posúen unha frecuencia de- terminada, cando esta frecuencia coincide coa frecuencia da resonancia do cristal da copa, exactamente a mesma frecuencia que se ha de escoitar previamente e manténdoa durante un tempo na emisión estable, prodúcese ese estoupido, dependendo tamén das cualidades do cristal, que non sexa poroso para que non absorba as vibracións.


Tamén hai relatos acerca das transformacións que pode chegar a sofrer o corpo humano cando utiliza baixo presión a voz propia modificada de timbre, chegando a cambios radicais nos caracteres secundarios do corpo como po exemplo desenvolver mamas ou provocar un parón no crecemento do vello facial cando algúns homes cantan con voces de muller. Prodúcense logo cambios hormonais que revirten cando se deixa de utilizar a voz para papeis operísticos con intensa carga emocional. (relato do Holo- causto do grupo de músicos xudeus no campo de concentración nazi).


Todos coñecemos tamén o poder da voz que relatan as relixións e as lendas como a das sereas que coas súas voces fermosísimas arrastraban aos mariñeiros a estrellarse contra os penedos provocando a destrución dos navíos, ou a historia bíblica de Josué o lugartenente de Moisés que conquistou Xe- ricó e derribou as súas murallas utilizando as voces das xentes do seu pobo e os instrumentos de corno dos seus sete sacerdotes. as teorías sobre o poder das voces sobre a materia chegan a propoñer como unha posibili- dade, que os exipcios foran quen de mover esas inmensas pedras a base de coros de milleiros de persoas. Quén sabe...

O que sí é certo, é que a través da voz puidemos ir gardando, xeración tras xeración, unha inmensa cantidade de tradicións orais, que conforman un patrimonio de inconmensurable valor. Todos os cantos dos que gardamos testemuña gráfica dende o primeiro fragmento de arxila que aparece en Ugarit, unha antiga cidade portuaria situada na costa mediterránea no que hoxe sería o norte de Siria, (pobre Siria hoxe tan maltratada e berce, como Grecia, dalgunha das civilizacións máis antigas que se coñecen), unha cidade desaparecida no ano 1200 a.c. e que nos deixa a máis antiga notación musical que se coñece. Pero si resulta conmovedor algún dos achádegos das civilizacións antigas, para min sería sen dúbida o epitafio que se coñece có nome de Seikilos que aparece en Dinamarca a mediados do século pa- sado, cando unha pequena columna que se utilizaba como base para poñer unha maceta, portaba estrañas inscricións sobre o mármore, que resultaron ser unha auténtica partitura con texto tallada a man. Unha vez transcritas, aparte da notación musical, atopamos as palabras que Sícilo, na Grecia do século i d.c. dedicara á sua muller euterpe con motivo do seu pasamento. É por certo ben interesante rescatar o que di, porque era Sícilo un auténtico sabio, cando neste canto funerario mandou escribir:


Mentres vivas,
se alegre, que nada che perturbe. que a vida é curta
e o tempo cóbrase o seu dereito.


Cantores exipcios, gregos, troveiros, xograres, bardos, inuits, xitanos, cegos... e así cantores de tódalas civilizacións que nos precederon e que ainda hoxe exercen o seu oficio, cantautores, bluesmen, fadistas, cantaores flamencos, tanguistas, rapeiros e tantos outros que coas suas voces dan tes- temuña das suas vidas e das suas experiencias, as máis das veces ben pouco comprendidos e soportados ata que o sistema os fagocita e os cuspe como productos comerciais.

Existe tamén a créncia, sobre todo en cantos propios de culturas determina- das como é o blues, o tango, o fado ou o flamenco, de que as experiencias previas e o escoitar aos antergos, convivir ou mamar, como se dí, dende nenos, as maneiras de cantar esas determinadas músicas, prepara aos futuros cantantes dun xeito especial para poder facelo. non o dubido, todos coñecemos o pasado tormentoso na vida de moitos e moitas cantantes pero tamén sabemos, e xa falamos ao comezo desta lectura que a aprendizaxe inicial, a dos primeiros anos, é realmente definitiva no que a identificación grupal se refire e a imitación e bagaxe sonora aprendida no seo materno tamén.


As voces, as nosas voces, a voz de cadaquén é tamén un sinal da propia identidade. e curiosamente non é fácil para cada un de nós recoñecela. Sucede con moitísima frecuencia que cando nos gravamos non nos recoñecemos, non somos capaces de recoñecernos na voz que sona. non é a mesma voz para nós e para os demáis.


Na nosa voz depositamos e transmitimos o que somos, o que somos e o que nos sucede en cada momento; delátanos constantemente diante da xente que nos coñece e fai crear un perfil, tan de moda últimamente esta palabra, sobre nós, que pode configurar unha idea acertada ou totalmente falsa para quen non nos coñece e nos escoita fugazmente.


As emocións, os estados de ánimo, o cansancio vocal, calquera variable interna ou externa a nós, ten a súa incidencia na voz das persoas.


Non se precisan grandes estudios científicos para observar que cando un está excitado, nervioso, alegre, ilusionado... tende a falar máis a presa e máis agudo; pola contra, cando estamos baixo a influencia dun disgusto, tristeza, dó, ou dor física mesmamente, o ton baixa e a velocidade tamén o fai.

Na voz en vivo, cousa que non sucede cós intercambios de texto, whattsap por exemplo, que nós facemos últimamente, resucitamos, como sempre ocorre, as sensacións que tivemos cando, por exemplo, falar por teléfono non nos deixaba comunicar como quereriamos coas persoas queridas, por- que xa tiñamos a sensación de non comunicar como cando temos interlocutor diante de nós, pero, co paso do tempo, co paso do uso realmente, fomos desenvolvendo habilidades para ser certeiros á hora de darnos conta de que á persoa que fala dende o outro lado lle sucede algo ao escoitar a súa voz. quén non puxo en cuestión a voz que escoitaba dicindo: pásache algo? É que tés a voz un pouco rara... Hai unha fermosísima peza teatral, convertida despóis nunha ópera por Francis Poulenc, de Jean Cocteau, que escribiu para a súa queridísima amiga edit Piaf pero que Piaf, a pesares de ser a grandísima que foi, non foi quen de levala a escena. a obra chámase “la voz humana”, foi escrita no ano 1930, cando o teléfono comezaba a súa popularización en París, e pon en escena con unha soa personaxe, unha dura ruptura sentimental. nun dormitorio dunha vivenda particular, clase alta, unha muller, que fixeron grandísimas actrices da historia do cinema como anna Magnani, ingrid Bergman ou amparo rivelles na escena es- pañola, e recentísimamente, en formato operístico, no auditorio Gustavo Freire de lugo, a soprano laura alonso, sofre en alta voz a separación do seu home. Na peza ponse de manifesto qué enganosa pode ser a información que se pode dar, cando non se ve á persoa coa que se fala e tamén, qué enganosa a información que se recibe, cómo se pode manipular coa voz como vehículo, sen piedade e sen pudor, utilizando o único que pode- ría poñer calma a unha ansiedade por separación: un teléfono que a muller permanentemente demanda que funcione. É realmente interesante de ver e difícil, seguro, poñela en escena.


A entonación que poñemos cando falamos, é realmente a música da voz, nada hai máis revelador que a entonación que poñemos cando dicimos por exemplo un sí ou un non para entender qué carga emocional traen consigo.

A entonación que, curiosamente aí, nese contexto, no que ninguén desafina e todos e todas comprendemos; a entonación, e aquí comezo a adentrarme no terreo das voces profesionais, as voces de locutores, actores e actrices e tamén, cómo non, nas voces de cantantes é unha das bazas máis importa tes que temos para xogar.


A voz, segundo un dos máis recoñecidos foniatras, que estudiou e coidou voces profesionais durante toda a súa vida, Jorge Perelló (“Canto y dicción”1980), non é máis que aire sonorizado, ou o que é o mesmo, aire convertido nunha vibración capaz de producir unha sensación acústica. qué prosaico non? Despóis de tanta literatura para falar do tema, pero, real- mente, para tratar as cuestións dende o punto de vista máis científico-téc- nico, descompoñelas ata a súa orixe seguro que é a mellor estratexia de traballo, non o dubido, (pero a miña cuestión posterior sería, qué tipo de sensación acústica queremos ou procuramos producir). o aire pulmonar pasa polo esfinter glótico onde se produce unha vibración das cordas vogais que se amplifica polo efecto dos resonadores faciais. iso sería en pouquísi- mas palabras o proceso de “produción” da voz.


A voz falada e a voz cantada proveñen exactamente do mesmo instrumento, proveñen do mesmo corpo, dos mesmos órganos, non é tanxible e polo tanto traballamos nelas a través de sensacións e sons. A voz falada usámola todos e todas para comunicarnos con alguén a quen temos a moi pouca distancia. Cando a distancia se amplía pasamos ao grito, cousa típica nos patios escolares por exemplo, ou en lugares, onde habendo un volume alto de son, vémonos obrigados a berrar por riba do ton habitual, coas consecuencias de todos sabidas, afonías, ronqueiras etc., tan frecuentes despóis de noites de farra. as diferencias pois entre voz falada e cantada parten pre- cisamente deste punto, de que a necesidade de facerse escoitar por un auditorio, obríganos a utilizar outro tipo de técnicas que nos permitan proxectar a voz máis alá do que a voz falada nos esixe, utilizar moitas máis notas e con maiores distancias, máis volume de aire e mellor control da respiración, maior esixencia técnica e 

por suposto moitos máis coidados, todo isto sempre baixo a premisa inesquecible da súa dependencia total da estética e da música, chegando a sacrificar incluso a articulación tan im- prescindible na voz falada. (Sacrificio das consonantes)


Pero a voz falada tamén é de uso profesional en moitos casos e moito máis frecuente o seu uso e o seu deterioro, se non se toman medidas de hixiene vocal, do que pode parecer. as e os profesionais da educación, profesoras e profesores que han de facer uso continuado da voz, non tanto a longas distancias como a auditorios ruidosos que obrigan a excesos vocais que en- trañan consecuencias de sufrimento vocal como afonías ou ronqueiras, que se ven alimentadas pola ansiedade de ter que cumprir as programa- cións escolares, con ou sen voz, que día tras outro machacan a súa voz por non saber “colocala” adecuadamente porque ninguén lles ensinou a facelo.


A colocación, que é un dos termos máis usados cando falamos da voz, o lugar idóneo onde sentir a súa resonancia e trascendencia sen mancar as nosas cordas vocais, o lugar que mellor resolverá os problemas de proxección para chegar aos interlocutores ou máis profesionalmente dito, a re- gulación óptima entre o acoplamento acústico da cavidade de emisión, có xerador glótico, ao dicir da foniatra Teresa García Real.


Máis profesionais da voz falada, os locutores habituais ou ocasionais, que precisan unha dicción óptima xunto con unha precisión na velocidade de emisión que manteña a atención dos seus escoitantes, baixo o risco de que cambien de emisora, de canle de tv ou mesmo de público que abandona as salas de conferencias cando se satura dunha emisión monótona ou mo- nocorde e pouco estimulante. vendedores ou voceadores que sabiamente van aprendendo a protexer as súas voces por pura supervivencia modulando con insistencia cada pouco tempo o que lles serve tamén para captar mellor a atención dos seus posibles compradores.

Tampouco vou obviar que para algún destes profesionais, o uso do micrófono ou do megáfono supuxo unha axuda importante, pero pouco ten a ver o uso traballado da voz e a súa proxección con un aumento de volume ou corrección de son como o que fan agora os micrófonos e tampouco no caso da voz cantada.


a voz cantada ten polo tanto unha serie de condicionantes que esixen unha formación técnica vocal moi importante e que orixina tamén moitas maneiras de enfrontala. A dependencia eterna da formación e o mantemento físico, o traballo vocal, os desprazamentos as veces realmente agotadores para unha persoa que ha de aclimatarse a un novo lugar de traballo cada dia, sen esquecer tampouco, como falabamos da voz en xeral, da depen- dencia de factores externos, novamente, estados de ánimo, emocións, cuestións familiares ou sociais... e tantos condicionantes que poden poñer a proba a profesionalidade de calquera, cando se pon diante do público sen facer o exercicio previo de concentración e afastamento dos problemas para momentos posteriores. a quebra é bastante habitual e apearse da voráxine do traballo supón en moitos casos non poder volver a coller o ritmo.


Pero non resulta tan fácil cando se traballa con emocións e os traballos artísticos, e o canto é un deles, no que se esixe do profesional unha sensibilidade e ao mesmo tempo un mantemento da distancia con esas emocións, as veces é realmente duro de manter. É típica a frase utilizada en tódolos teatros e escenarios de que has de emocionar, pero non emocionarte, porque aí perderías os papeis e, falando de voz, quebrarías como un cristal ao calor do lume.


A aprendizaxe da técnica vocal para cantantes, e sobre todo no canto lírico, que é o que máis esforzo require, supón un extra de formación para calquera dos outros tipos de canto, xa que revisa tódalas posibles dificultades de abordaxe para traballar as técnicas respiratorias, a musculatura fonal e a beleza do son 

da voz limpa. As diferentes escolas e métodos de canto ofrecen os seus avances e resultados incluso en forma de compendios de partituras, organizados por orde de dificultade, comezando polas escalas máis sinxelas e avanzando polas distancias interválicas de menor a maior grao, semitóns e alteracións que obrigan a traballar ordenadamente coa voz axudándose de pequenos textos e melodías con dificultade crecente. todo iso induce lenta pero seguramente a acadar habilidades como cal- quera aprendizaxe de calquera instrumento. Tamén é verdade que hai persoas que nacen con maiores ou mellores capacidades para cantar, incluso con unha colocación natural, con esa colocación da que falabamos un pouco antes, que proporciona un extra no canto, pero realmente, cando sofren un traspés por algún motivo, e créanme, no mundo do canto, os traspés poden ser infinitos, e están á orde do día, (un percance físico que che aparte un tempo, un asunto familiar que requira a túa presencia, un baixón de autoestima...) ter estudado a técnica do canto dende cero, proporciónanos unha seguridade de poder retomar, que sin ela, a pesares da natureza non teriamos posibilidade de conseguir sen facer un grande parón que nesta profesión suporía unha factura moi dura de pagar.


Tamén é ben certo que un bon uso vocal, como o que a hixiene e a técnica proporcionan, evita danos, reparables ou irreparables que se producen por un mal uso da voz. edemas, nódulos, pólipos e afeccións varias que nalgúns casos se reparan con un repouso vocal breve ou con exercicios, pero outros requiren intervencións cirúrxicas que a todos os que nos de- dicamos a isto nos preocupan porque, voz só hai unha para toda a vida. as ronqueiras permanentes e a aparición de aire no falar son sinais preo- cupantes e que deberamos facernos ver, anque sabemos que moitos dos grandes cantantes de fermosísima voz rota, pagan a peaxe do quirófano periódicamente e aí están e, esa voz é precisamente a súa identidade, aquela coa que se lles recoñece.

Falamos xa da identidade que nos proporciona a nosa voz e que polo tanto non hai dúas voces iguais, pero para poder traballar nelas ou con elas, empréganse clasificacións aceptadas case unánimemente, con moitas subdi- visións, para facer unha achega o máis próxima posible á voz que se quere clasificar. As habituais, soprano e contralto coas mezzos intermedias para as voces de muller e os tenores e os baixos, cós barítonos no medio para as voces de homes. Baixo o meu humilde punto de vista hai que escoitar e traballar sen tantos prexuizos, que acaban por negar evidencias e gustos da xente que canta dunha maneira ou doutra e ao final sempre vai a apa- recer o lugar axeitado para cantar máis cómodo e máis libremente. non quero esquecer aquí as voces que no seu momento fixeron os castrati, nun momento, nun longo período, no que a igrexa, e non só a de roma, xa que este costume comezou no século XII na igrexa bizantina, que rexeitaba a presencia de mulleres, por impuras, nas súas estructuras corais, e cubría a sua falla castrando aos nenos que preparaba e seleccionaba, segundo as suas habilidades vocais có consentimento das suas familias, ́para as que supoñía, nos máis dos casos, un alivio económico, que a igrexa se fixese cargo deles, manutención incluída. algúns deles pasaron á historia con fama e status social elevado como o caso tratado xa no cine de Farinelli, pero dubido que así fora para a inmensísima maioría deles. o último castrado, do que quedou constancia, chegou a comezos do pasado século e consérvase del unha gravación sonora do ano 1902.


Utilizar a voz cantada, que obriga a implicar a determinados músculos faciais que son comúns aos que utilizamos na risa, na sorpresa ou simple- mente na alegría, supón desencadear as mesmas sensacións que elas e proporciona un extra de gozo e de satisfación que nos deixa aliviados e preparados para enfrontar calquera cousa con outra disposición moito máis grata. Por iso é que mentres cantamos temos esa sensación de esquecer todo e disfrutar nós e tamén facer disfrutar aos demáis.

Se canto
Não sei o que canto

Misto de ventura

Saudade, ternura
E talvez amor
Mas sei que cantando

Sinto o mesmo quando

Se tem um desgosto
E o pranto no rosto

Nos deixa melhor

Amália Rodrigues