I xornada galega sobre traballo social e saúde mental.

“Relegados á condición de infra-cidadáns: novos desafíos en saúde mental” (AGSM-AEN, Ourense)


Luís Rodríguez Carmona. Traballador social.

UHRP Piñor. CHUO.


Correspondencia: luis.rodriguez.carmona@sergas.es


Finalizada a I Xornada de traballo Social e Saúde Mental celebrada no campus universitario de ourense o pasado venres día 24 de novembro do 2017, queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que participaron.


A celebración da xornada ten sido un evento pioneiro na nosa comunidade e polo tanto é preciso facer unha valoración da mesma:


1.- A mesa primeira “A loucura: coma un feito social”, puxo o foco de maneira brillante noutro xeito de entender e abordar a enfermidade; conceptos como o respecto, o relato do suxeito ou as distintas formas nas que se presenta a enfermidade estiveron moi presentes. Fíxose mención, con datos estatísticos, á ratio de doentes e de profesionais en perspectiva comparativa entre os países da Unión europea, onde españa se atopa nos últimos postos e coma esta circunstancia tan determinante impide que a calidade asisten- cial chegue a toda a cidadanía.


2.- A segunda mesa “A loucura: entre a encrucillada do sanitario e o social”,pretendeu dar esas respostas a tanta precariedade e necesidade (algunhas delas límites) que todos os alí presentes podemos constatar nos nosos traballos diarios.

Se ben a mesa non alcanzou as expectativas desexadas, en aportar solucións, deixou claro a todos os presentes que dende o movemento cidadán poderase cambiar a inoperancia que a administración presenta.


3.- A primeira hora da tarde, a terceira mesa “ A loucura: como antónimo de dereitos e liberdades”, tratou dos dereitos e liberdades dos cidadáns que teñen un diagnóstico de enfermidade mental. Os poñentes deron conta de cómo enfermidade e dereitos soen en ocasións colisionar. Fíxose fincapé en que todo estado de dereito debe sempre protexer e garantir os dereitos de calquera cidadán.


4. A cuarta mesa “A loucura: experiencias dende o traballo social”, analizouos factores que proporcionan a exclusión social na cidadanía con enfermidade mental partindo desde unha realidade micro-social e buscando ás explicacións no macro-social.


Tamén se puxo de manifesto nas ponencias dúas maneiras de abordar a ex- clusión social e o necesario achegamento do profesional ao ámbito comunitario.


Sen dúbida que o éxito da xornada debeuse principalmente a todos os participantes das áreas sanitaria e social que acudiron. Detectouse unha necesidade que xa se sospeitaba e que permaneceu demasiado tempo oculta e disgregada por toda a comunidade galega, que foi esta posta en común. A xornada tentou facer o máis importante: visibilizar os nosos traballos e as nosas dificultades.


Polo visto nalgunha mesa en particular, queda concluir que dende a cidadanía e dende os profesionais, hai que iniciar un novo proxecto de cambio sobre un modelo socio-sanitario fracturado e caduco.



Dende hoxe quedamos novamente emprazados para unha próxima xornada co propósito de que poidamos seguir enriquecéndonos profesionalmente. É necesaria a confluencia e participación de todo/as para que nos permita impulsar un novo avance e un novo modelo social, que dea voz aos profesionais que traballamos cunha cidadanía en claro retroceso dos seus dereitos e liberdades. Dende a asociación Galega de Saúde Mental in- vitamos a todos os profesionais a que se sumen a este decisivo esforzo que non pode dilatarse xa por máis tempo.


Grazas pola vosa participación e un saúdo a todos.


Luís R. Carmona. Coordinador da xornada.