A-discreción


A. Casais. Psiquiatra. Psicanalista.
Complexo Hospitalario Universitario Ourense.


Bos días. Xa estaba plantexado o título, pero antes de escribir estas follas coincidiu que a Dra. Gómez e máis eu fixemos unha viaxe a lugo. Polo camiño, ela íame contando “¿ves esa aldea alí?, non ten más de quince casas; dela estudiaron polo menos dez rapaces. ¿ves aquela outra? ... estudaron oito. Un deles saíu o outro día no periódico –Manolo de Penábao–, é catedrático. Un tío seu emigrou ao Brasil cando non tiña máis de catorce anos. non fora nunca á escola, coma os pais do Manolo. eu contaríalle o mesmo se viaxáramos por Carnota.


En tres ideas –economía produtiva baseada no sector primario, emigración e funcionariado– estaba plantexado o marco de referencia dos corpos, a vida e a morte da maioría da sociedade galega dende finais do século XIX até pasados os anos 70 do século XX; un marco sobre o que pensar un modo de ser, un estilo de vida.


GALICIA STYLE


I. Agora ben, ao combinar Galicia e estilo non pretendo facer un catálogo de rasgos que reunirían aos membros dunha clase como iguais, senón sinalar un movemento de nominación, un modo de ser polo cal un colectivo, un pobo, en canto real, inscríbese de maneira singular no mundo a pesar das diferenzas entre cada un dos elementos incluídos no colectivo. Unha nominación, por tanto, que se sostén na diferenza.


II. Propoño a discreción e a continxencia como dúas referencias da posición subxectiva galega, como xeito de acercarme ao tema. ao fin e o cabo penso a cuestión do estilo coma unha posición subxectiva.

A. A cuestión da continxencia é de colleita propia. Eu escoitei decotío expresións do tipo: “a vida dá moitas voltas, o que hoxe é, mañá non é, ou é doutro xeito”. Escoiteinas en xente que, por suposto, non lera o teorema de Gödel; pero en ambas fontes, unha derivada da praxis, da experiencia, e outra teórica, conclúen o mesmo: a ciencia, a episteme, non é completa, e alí onde ela cala, ábrese o espazo onde as cousas poden ser dunha maneira ou doutra, o espazo onde é posible os encontros coa fortuna, coa boa e mala sorte. ambas fontes teñen outra vertente: non hai ciencia nin lei que nos dea garantía nin de saber, nin de futuro. a vida é continxencia. J. Lennon di algo así como “a vida é o que che pasa mentres ti planificas”.


B. A discreción como referencia tivo outra orixe, pero tampouco foi difícil de atopalo, en realidade salta aos ollos. Sempre que os medios de comunicación entrevistan a un galego, con carácter máis ou menos persoal, sexa nun diario galego, madrileño ou mesmo americano, aparece o termo “discreto” ou expresións pertencentes ao mesmo campo semántico para definir as súas actitudes.


Vexamos: a revista Grial recolle o pasamento de xosé neira Vilas coa seguinte expresión: “váisenos de xeito súpeto e discreto, tal coma era o seu modo natural de estar no mundo1. O diario El País2 infórmanos que o N.Y. Times lle adica unha páxina de eloxio a miguel saco, ourensán que vive en N.Y., consultor do museo Metropolitan e das casas de subastas Christie ́s e Sotheby ́s. O xornalista pregúntase que lle pasa a un galego-neoiorquino cando lle cae unha páxina desas, sendo como é “unha persoa silenciosa en varios idiomas, que domina a arte de non falar máis do necesario, feliz no seu anonimato”.



__________________________________________________________________

1. DOLORES VILAVEDRAa. Grial. Decembro 2015.
2. JAVIER RIOYO. Un “gentleman”, “art decó” y gallego en nueva york. El País Semanal. 24/02/2016.

Para finalizar e non aburrir, recordar que no Gran Premio de Hungría de Fórmula I, do 2013, os lotus de Raikkonen e Grosjean apareceron coa bandeira galega nos aleróns traseiros en sinal de respecto e apoio aos afectados polo accidente de tren en angrois. o dono desa escudaría, así coma de diferentes empresas a nivel internacional, era Gerard Lópeznatural de espasande d ́abaixo. El País, refírese a el, ao longo da entrevista, como unha persoa discreta a pesar do seu grande éxito empresarial3.


Podería citar moitísimos máis, como por exemplo a manuel gallego, un dos arquitectos do estado español máis poderosos e menos coñecidos4.


En resume, persoas, sumamente cualificadas e exitosas, cada un no seu campo, con traxectorias vitais ben distintas, pero discretos e galegos. Discretos no senso de non buscar as primeiras candilexas que se presenten, pero cunha determinación nas súas vidas que ben podemos dicir que se volcaron nelas a discreción, sen límites. esto último tampouco é nada es- traño no noso país5.


III. Pero ¿que nos di o dicionario da entrada “discreto”? Pois remítenos a prudencia, pasar desapercibido, non chamar a atención. Pero quero plantexar que prudente e pasar desapercibido son dúas derivadas distintas da discreción.




3. JUESÚS RODRÍGUEZ. “Gerarld lópez, el millonario invisible”. El País Semanal. 23/12/2015.
4. ANATXU ZABALBEASCOA. “Un muelle que une tierra y mar es la arquitectura más rotunda”. El País Sema-

nal. 15/02/2016.
5. A DRA. CIBEIRA, o Dr. PUGA, o Dr. MICHEL ESCAURIAZA estiveron pendentes de facerme chegar cada noticia que saía na prensa nesta dirección, Non por iso todos comparten a análise que eu fago.





A primeira, a que vai de discreción a prudencia nace dunha relación coa continxencia. está vinculada coa capacidade creativa, valor e coraxe deste país.


Pola contra a segunda derivada, que vai de discreto a pasar desapercibido, vincúloa co temor ao poder, co temor a non estar á altura do que o poder espera de nós, coa parálise.


inténtome logo explicar:


1. Para falar da prudencia e a continxencia é inevitable referirse a Aristóteles6. Podemos servirnos do mapa que traza, a condición de non ser fieis á súa ortodoxia, co fin de expor o tema con outra lóxica máis acorde coa noso análise.


Para o filósofo, a Prudencia non é ningún tipo de sabedoría rural de segunda división. Na ética a Nicomaco, sitúa a Prudencia como un xeito de perfección da razón, xunto coa ciencia, a intelixencia, a sabedoría e a arte. o máis interesante é como aristóteles ubica cada maneira de perfección da razón no seu mapa conceptual, e como as diferencia.


A ciencia, a episteme, é un coñecemento universal e necesario a partir do cal, aquel que a posúe, trata os casos particulares. Do mesmo xeito, a xustiza legal, a lei social, é universal e abstracta. todo isto dá moita seguridade, exclúe dúbidas e responsabilidades: é o mundo do caso particular ao que se lle aplica o protocolo. agora ben, di aristóteles que hai –que existen– cousas na vida práctica que non se poden tratar rectamente a partir dun saber universal e necesario, son cousas que poden ser dunha maneira ou doutra, e en tanto tales chama continxentes. Hoxe xógase a final da Champions. Se fóramos adestradores dalgunha das dúas equipas,


__________________________________________________________________

6. PIERRE AUBENQUE. La prudencia en Aristóteles. Las cuarenta. a medicina, a estratexia e a navegación per- tencen ao campo da prudencia. Páx 113.

estaríamos na obriga de elixir unha estratexia para afrontar este partido; elixir una sen garantías porque non hai ningún coñecemento universal e abstracto que nos diga que necesariamente habería que facelo dunha maneira. entón, ¿como xogamos? Depende7.


Trato de subliñar que entre a universalidade abstracta da lei ou do coñecemento científico e a continxencia da vida práctica hai, ante todo, un abismo.


Nesa zona de baleiro xurídico ou de incompletitude da ciencia é onde xorde e se ubica o home prudente, alí é interpelado a tomar unha decisión; unha decisión mediada por unha pregunta persoal que sosteña unha elección no momento oportuno (Kairos), nin antes nin despois.


¿Baixo que criterios se actúa de xeito prudente? o home prudente non está excluído de posuír un coñecemento universal e abstracto, pero non é prudente en base a tal coñecemento; é prudente en base a un saber que se sostén na praxis, na experiencia propia acadada nun recorrido singular, a partir do cal se autoriza a si mesmo, para restaurar a consistencia da polis, di aristóteles. no momento da elección articúlase desexo e logos (lingua, fala, razón), e tal articulación é a que da a dimensión ética, a elección.


Autorizarse a si mesmo a unha elección ante as continxencias da vida, pero no momento oportuno. ¿que é o momento oportuno, o momento indicado? Pois é ese espazo que separa a ocasión favorable do instante fatal. Nesa situación excepcional, ao ser, élle imposible coincidir consigo mesmo - ser idéntico a




7. Para Aristóteles, a estratexia na guerra, na política,... na vida, e por tanto tamén no fútbol, pertence pola súa natureza ao mundo da continxencia. tamén un oficio moi galego, a navegación.


si mesmo– porque se abre a posibilidade da destrución máis extrema. o ser está dividido e enfrontado a unha situación onde está en xogo o éxito ou o fracaso; fronte á cal pode retroceder angustiado ou entregarse a discreción, sen límites.


2. Galicia. Este pequeno resume dun mapa conceptual tan xeral, elaborado tan lonxe de nós, permite de tódolos xeitos ubicar certos lugares de corte onde é necesario unha elección, e onde a subxectividade pon en xogo o desexo, e está eticamente comprometida.


Se os galegos somos prudentes neste sentido estaríamos situados nesa brecha entre un saber universal-necesario, e a continxencia. E ademais saberiámolo.


Fainos falla recordar que para nós, o saber científico e legal que até certo punto protexería dos avatares da vida –protocolizándoa– é un saber espa- ñol. non hai coma tal, ciencia, filosofía, ou lei producida en galego durante séculos.


Pola contra, o xeito de responder ás continxencias da vida a partir da experiencia acumulada, fíxose en galego; en realidade nas distintas falas que xermolaron en Galicia e onde cristalizou a experiencia vivida, todo o que o que tal experiencia se pode simbolizar, pois sempre deixa un resto imposible de facelo. A fala resona no corpo porque está encarnada, encarnada como só o poden estar as marcas de encontros continxentes e das eleccións feitas no momento oportuno. Deste xeito funcionan como bisagra entre o goce corporal e a razón que lle intenta dar sentido. a lingua xa é unha elaboración de saber sabre a fala, e tal cousa, en Galicia, fíxose hai ben pouco.


Cando penso nas continxencias da vida, penso nese fenómeno social maior en Galicia que é a emigración e o seu contragolpe no interior do país, pero non necesariamente.

Esa brecha entre saber universal e continxencia permite pensar certa lóxica das cousas, en Galicia, ao longo do século XX. Por exemplo, vemos como familias iletradas, por un lado, mirando cara á seguridade do saber formalizado esforzáronse tanto porque os seus fillos foran á universidade; por outro lado, eles mesmos enfrontados ou coñecedores da continxencia da vida viron como o mundo se abría entre uns que foran quen de crear, inventar, “triunfar” e outros que caeran na máis absoluta desgraza.


Da primeira opción –das universidades galegas– saíron os mais altos fun- cionarios do estado español (exército, administración, xustiza, universidade, poder político, etc.). Finalmente, a súa seguridade non vén dada tanto polo tipo de saber senón pola opción funcionarial, un traballo para toda a vida, para orgullo da súa nai e tranquilidade da familia. escoitase “o Manolo esta moi ben en Madrí. ten moi bo soldo, está ao enxuito e non fai nada”. o Manolo –catedrático–, por suposto traballa aínda que sexa ao enxuito, dise galego coma o que máis, incluso fala galego na intimidade, pero nunha Galicia con proxecto propio séntese perdido, desamparado, retornado ao un mundo de incertidumes que non soporta, que o angustia, que lle recordan toda a pobreza pasada, ou aquel momento de elixir entre fun- cionario e a empresa do pai. Hoxe dubida da súa elección.


No campo da segunda opción, onde alguén se ve abocado a unha relación coa vida sen protocolo, diferencio dentro dunha única secuencia, os seguintes momentos: unha pregunta, o acto da elección e as súas consecuencias inmediatas e mediatas.


Unha pregunta, “¿que facer?”. Manolo Rivas di algo así como que o máis claro significante que representa a Galicia é a fouce do signo de interrogación. Se o noso himno empeza coa pregunta “¿que din os rumorosos?”, seguramente ten razón rivas. o único problema é que unha pregunta que non se segue dun tempo para comprender, e non leva a un momento de concluír, pode ser paralizante. Podemos pasar a vida 

preguntándonos, “¿que din os rumorosos?”, “¿quen é o rumoroso ese?”, ¿de quen vén sendo ese rumoroso?”, etc.


As consecuencias (triunfadores e desgraciados) van dende as creacións e invencións máis innovadoras –con recoñecemento social ou non– ás desgrazas máis absolutas. as razóns remiten ás subxectividades implicadas e contexto no que se desenvolveron.


Poderíamos adicarlle toda a Xornada ao tema dos triunfadores galegos. re- centemente aparece no diario El Pais un artigo adicado a Arsenio8, exadestrador do chamado “Superdepor”. Alí recórdase que para os corresponsais estranxeiros que o entrevistaban era inaudito “o escepticismo –a distancia– coa que se relacionaba co éxito”. quedaban pasmados que o éxito non se transformara en vaidade, soberbia, etc. Arsenio mostraba a distancia entre o suxeito que el era, e aquilo que o pode representar nun momento. Hai pouco saíu na prensa que un grupo de galegos en nova iork utilizan a publicidade, tamén a discreción, con fin de relanzar os seus negocios. Chegaran á conclusión de que o marketing non é presumir.


Outros triunfadores, fan a casa na aldea e dinlle aos seus, con orgullo e con razón: “eu sobrevivín”. nese mesmo movemento constrúen unha insignia coa súa vida. A angustia aparece cando na aldea xa non hai ninguén que poida escoitar a mensaxe, cando ao outro lado non hai máis que baleiro porque a aldea mesma desapareceu. quizais sexamos a primeira xeración que se enfronta a esta situación na historia de Galicia.




__________________________________________________________________

8. XOSÉ HERMIDA. El Pais de 14 de Mayo de 2016.

Aquí temos o subgrupo dos triunfadores simbióticos, funcionarios simbióticos (simbioses emocional) como antes o proletariado simbiótico (simbioses económica). Algúns deles triunfan en Madrid e fan o chalé en “Sanjenjo” ou “Sanguengo”, segundo lles dea. Chaman a atención dos veciños con pe- quenos cambios na fonética ou na prosodia. igual que eles, os emigrantes a ermua están todo o día con “aita” dun lado para o outro; e os americanos non sacan da boca o “okey”, “orrai” (all right). Son eses xeitos, un pouco pueriles, de dicirlle a quen lle escoite que se libraron da pobreza, que parti- cipan da riqueza do mundo en que viven.


Pelexar a vida coa continxencia pode levar a grandes triunfos pero tamén a grandes desgrazas. en Galicia a desgraza cálase, non fai falla contala “porque todo se sabe”, e sabendo da desgraza do veciño tampouco hai outra resposta que o baleiro. Temos o caso das vacas d ́axulfe e Pepe do Carballiceiro; as primeiras mortas e o outro criminalizado, pero sos. Non é estraño o orgullo co que se expresa esa tolemia de “eu non lle debo nada a ninguén, nunca me fixo falta”.


Ao inicio deste apartado plantexaba que aínda que a entrada “Discreto” nos dicionarios nos remitía a prudente e a pasar desapercibido practicamente como sinónimos, en realidade eran dúas derivadas distintas de discreción ou mesmo de prudencia.


Vexamos. Se a lei para Aristóteles tiña ou debería ter unha vinculación coa xustiza e por tanto cabía a posibilidade sempre de ser modulada polo home equitativo, hoxe todos somos coñecedores da vinculación da lei co poder.


Un dos aspectos da discreción, a de pasar desapercibido, non chamar a atención, a do anonimato, é analizable na súa relación co poder e non na relación ca continxencia.

A discreción en tanto pasar desapercibido consiste en absterse de enfrontarse co poder ou coa orde social, en manterse a distancia, en non chamar moito a atención se non é para manifestarlle respecto. Incluso pensar no enfrontamento de xeito vívido mestúrase con temor ante un risco certo, e pon en marcha ese fantasma terrible de onmividencia fronte ao cal é mellor manterse no anonimato. Detrás desa mirada que todo o ve, non está ningún deus bondadoso, senón unha figura terrible, arbitraria e aniquilante que reduciría calquera suxeito da palabra a un obxecto de goce.


Deste tipo de discreción saen de entre nós esas figuras con ansia de ser comprendidos... e logo autorizados ou avalados a facer o que queren. Sen autorización parecen que non van a ningures.


Tamén saen esas figuras “especialmente sensibles ás presións do poder”, figuras que se senten abandonadas se o poder do que se queixan tambalea. traballan pola consistencia do “status quo”, Incluso a propia pérdida.


e sen embargo creo que os últimos séculos da Historia de Galicia puido inaugurarse cun gran enfrontamento,... seguido de derrota. Beirasrecólleo así: “Semellan ser auga levada... as convulsións da sociedade galega do século XV. Cincocentos anos deberían ter sido dabondo... Pero o país galego non puido ou non soubo recuperarse daquela desfeita, boa proba de que o tempo histórico callou, é... que en moitas dimensións da nosa personalidade colectiva continúa vixente aquela grave frustración.”


Realizada a desfeita sinalada por Beiras, o proceso continúa coa dominación a través do síntoma10. J.A. Miller apunta o amor ao 


__________________________________________________________________

9. XOSÉ MANUEL BEIRAS. O Atraso económico de Galicia. Pax. 21. Galaxia

10. J.A. MILLER. La experiencia de lo real en la cura psicoanalítica. Paidos //El Otro que no existe y sus comités de ética. Paidos.

traballo como un trazo común a distintas nación sen estado. Cita aos cataláns e aos bohemios. Creo que os galegos poderíamos entrar perfectamente nesta serie de pobos que teñen o traballo como síntoma compartido. no caso dos chineses, cando non dispuxeron do poder de gobernarse, parece que tomaron a dirección do opio e non tanto do traballo; sen dúbida empuxados polos ingleses que aproveitaron un gusto previo do pobo chinés por esa sustancia.


Cando a un pobo dominado xa non lle queda nada e o amo imponlle o sistema do traballo; traballar pode volverse a súa segunda natureza, aínda que teña a estrutura do síntoma, nun proceso que articula repetición, goce (satisfacción e dor) e que no seu núcleo máis fondo non fai lazo social. Un proceso que consiste en traballo, máis traballo... e despois máis traballo, cun carácter de implacable mandato kantiano que aniquila calquera sin- gularidade. non é estraño que haxa xente que diga que “a primeira vez que me sentín recoñecida, persoal e profesionalmente, foi en alemaña. na miña casa nunca traballaba dabondo ou nunca o facía ben de todo”. e en alemaña tampouco son mancos neste tema.


Para concluír, nomeo como “a-discreción” a unha estrutura que articula os distintos aspectos de discreto citados no texto. entre outros:


1. a discreción de non chamar a atención fronte ao poder que determina una posición subxectiva con certo tufo covarde.


2. Combinada cun traballo, a discreción no senso de máis, máis... e máis, de carácter superioico.


3. Podendo todo iso xirar, a partir dun encontro continxente, a una discreción-prudente na que nos autorizamos a nós mesmos a seguir un camiño mais aló do poder, da mirada do poder.

4. Unha estrutura que creo que está tambaleándose actualmente porque se esixe novas respostas a un novo marco.


Galicia é un país sumamente complexo, diverso, cunha historia que pode precisar os momentos de eleccións forzadas con consecuencias de futuro. Del saíron creadores, inventores, apaixonados e timoratos, líderes de dereita e de esquerda –ademais dun rei dos jíbaros–, heroes, estrategas, cobardes, triquismiquis e mercenarios. todas son respostas de galegos. Calquera anhelo de uniformidade está condenado ao fracaso.


Pero chegado aquí, teño a sensación de non ter dito nada. esa nominación que pretendía quedou en suspenso. quizais non é casualidade, e ese sexa realmente un importante aspecto do problema, o tema da nominación. Miguel Ángel Teijeiro11 afirma que na literatura do século de ouro español, os galegos son descritos coma xente que non ten problema en abandonar aos seus amos, renegar da súa fe ou da súa orixe, ocultala ou pedir descul- pas polo mero feito de ser galegos se lle xeraba algún problema económico ou social”. Creo que máis que auto-odio é que xa ían de clandestinos, xa trataban de pasar desapercibidos co obxecto de sobrevivir individualmente. a pregunta é se se pode sobrevivir colectivamente de clandestinos ou para tal cousa é necesario consentir no nome que nos vén dado. que o Gadis propoña “vivamos coma galegos” non é pouco neste momento. Boa sorte de cara ao futuro.









__________________________________________________________________

11. MIGUEL ÁNGEL TEIJEIRO. Galicia y los Gallegos en la literatura del Siglo de Oro Español