XXII XORNADAS DE TRASALBA

O SISO: 35 ANOS FÓRA DE COBERTURA

PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E LITERATURA

Pazo Museo Otero Pedrayo

Trasalba - Amoeiro, Ourense

Sábado 10 de xuño de 2017

A FESTA DO SISO

Hai xa trinta e cinco anos que profesionais da saúde mental construíron un aparello de papel chamado Inter-nós que, co paso do tempo, deu en chamarse Siso saúde. Houbo un algo de delirio en todo aquilo, coido que por dúas ou tres razóns. Nunha Fisterra como era (i é) Galiza ter a pretensión de argallar unha revista fóra de cobertura do saber médico, co tema da saúde mental como fundamento, coas formas dunha publicación de calidade, sen patrocinios, permitindo o galego e con autores de aquí. Ademais, cómpre ter en conta unha vontade de intervir na realidade asistencial, unha preocupación pola estética e a linguaxe e unha decidida aposta por ese saber que tende a situarse nos marxes e as fronteiras.


Como outras moitas cousas da nosa terra camiñou paseniño, sen que lle deramos a importancia que merece, ás veces máis valorado fóra que aquí e contendo traballos que hoxe posúen a categoría de clásicos.


Siso foi lido por xente de moita sona na saúde mental en españa e, de cando en vez, nas conversas informais fancho saber lembrando artigos que sabías excelentes pero que pensabas chantados na terra e sen vontade viaxeira. Hai Sisos nas bibliotecas de tokio, Canadá e África. Hai moitas citacións en teses de doutoramento. E comentarios de libros que anticípanse ás modas, revisións dunha minuciosidade abraiante, propostas psicopatolóxicas orixinais, análises de situacións sociais rigorosas e coa ética presidindo cada liña. Están o Lamas, Madó, Vila, Tiburcio, Chus, García de la Villa, Arturo Rey, Marisol, Alberdi, Simón, Fidel Vvidal, Pedreira, Manolo Fernández Blanco e... asumo a miña falla polos que deixo de citar.


Con insistencia, cada liña teima en falar da loucura. É un aparello de papel que non se apaga aínda que ás veces pareza fóra de cobertura.

Dende fai trinta e cinco anos hai días nos que un escoita: xa saíu o Siso.

PROGRAMA


A edición: Paco Macías
A escritura: Ramón Vilar
A lectura: Ramón Area
A ciencia escrita: Jorge Losada
O siso: Chus Gómez e Santiago Lamas


Xantar festivo e tarde de música e conversa.



window.print();