diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA "LOUCURA E CIDADE"

20/03/2016

 

Se aínda non te inscribiches nas II Xornadas de Psicopatoloxía e Cultura “Loucura e Cidade” todavía estás a tempo!! 

 

Celebraranse o xoves 21 de abril de 2016 en horario de 9.00h-14.00h no Salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

 

Recorda que tes ata o vindeiro luns 18 de abril para inscribirte enviando un correo electrónico a saludmentallugo@gmail.com 


Actividade formativa na que colabora a AGSM-AEN. Lembrade os asociados que temos unha cita pola tarde na Asamblea xeral ordinaria. 

 

Un dos asertos máis extensivos do traballo en Saúde Mental Comunitaria é que a aceptación da enfermidade mental é maior nas zonas rurais que nas urbanas. Así a todo, os sociólogos saben que a tolerancia ao estraño sempre se asociou ao predominio do anómico (no senso de E. Durkheim) das cidades. Cando desenvolvemos o noso traballo na comunidade comprobamos que ás veces é así, pero moitas outras a situación é diferente. Se somos quen de interrogarmonos sobre os aspectos que van a incidir na tolerancia ao distinto, veremos que non sempre vai a depender do caso en sí, nin tan só da uniformidade dun entorno co outro para que aparezan actitudes de intolerancia. Así, deberíamos preguntarnos:

- ¿Qué características debe ter unha comunidade para que sexa quen de aceptar a unha persoa con condutas estrañas e fóra das normas?

- ¿Que características debe ter un enfermo mental para ser aceptado coa súa loucura pola comunidade?.

Con estas II Xornadas sobre Psicopatoloxía e Cultura pretendemos realizar unha reflexión sobre a tolerancia, estudando dous casos de “posíbeis” enfermos mentais galegos que tiveron unha importante aceptación nas cidades nas que viviron, prácticamente na mesma época, aínda que con importantes diferenzas tanto no social como nas súas raíces culturais.

Para ilustrar as exposicións que se indican no programa faremos o pase de dous documentais que recollen aspectos da súa vida: Un deles é “El Caballero de La Habana” dirixido por Natasha Vázquez e Rigobert Senarega, o outro “Coralia e Maruxa: as irmás Fandiño” documental dirixido por Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

 

 

PROGRAMA

 

9.00h PRESENTACIÓN DAS XORNADAS

 

9.30h PASE DOS DOCUMENTAIS:

- EL CABALLERO DE LA HABANA (1998) (25´)

- CORALIA E MARUXA, AS IRMÁS FANDIÑO (2008) (47´)

 

11.00h CORALIA E MARUXA, AS IRMÁS FANDIÑO por XOSÉ HENRIQUE RIVADULLA CORCÓN (DIRECTOR do DOCUMENTAL)

 

11.30h PRESENTACIÓN DOS CASOS:

- O CABALEIRO DE PARÍS. LUÍS GONZÁLEZ (PSIQUIATRA, HULA)

- AS MARÍAS. ALEJANDRA PILLADO (PIR, HULA) e ATHANASIOS CHRISTODOULOU (MIR, HULA)

 

12.00h DESCANSO/CAFÉ

 

12.30h A LUZ DO NEGRO, AS IRMÁS FANDIÑO RICART- AS MARÍAS, NA COMPOSTELA FRANQUISTA. ENCARNA OTERO (TRABALLADORA SOCIAL)

 

13.00h AS ESTRUTURAS DO HABITAR: TERRITORIO E PSICOSE. RAMÓN AREA CARRACEDO (PSIQUIATRA, HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO)

 

13.30h PASEANDO POR PARÍS NA PROCURA DE LUGARES E SERES MARCADOS POLA LOUCURA. TEXTO DE JEAN GARRABÉ por TIBURCIO ANGOSTO.

 

14.00h COLOQUIO E PECHE DAS XORNADAS.

ORGANIZA: COMISIÓN DE DOCENCIA DA UNIDADE DOCENTE DE PSIQUIATRÍA E PSICOLOXÍA CLÍNICA DO HULA.


COORDINA: ELENA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ e TIBURCIO ANGOSTO SAURA.

 

COLABORA: CONSELLERÍA DE SANIDADE-XUNTA DE GALICIA, ASOCIACIÓN GALEGA DE SAÚDE MENTAL-AEN, XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE LUGO, CERVO E MONFORTE (SERGAS), COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA.


 

 

 

 

Podes descargar o cartel no arquivo que se xunta


Descarga de archivo
diario

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN

07/05/2017
diario

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

03/05/2017
diario

O primeiro Inter-nós e o primeiro Siso

26/04/2017
diario

A FESTA DOS 35 ANOS DO SISO SAÚDE

07/04/2017
diario

SISO SAÚDE 58-59

22/03/2017
diario

XXVII JORNADAS NACIONALES SALUD MENTAL AEN...

16/03/2017
diario

III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura ...

25/02/2017
diario

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

22/02/2017
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN SOBRE A XEFATURA DE...

21/12/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" ACTO DE CLAUSURA...

20/11/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA...

19/11/2016
diario

II XORNADA AGSM-AEN "AS DECLINACIÓNS DA...

23/10/2016
diario

IV Jornadas Interautonómicas de Salud Mental...

15/10/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

29/05/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

11/05/2016
diario

XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación...

23/04/2016
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN EN RELACIÓN A ...

13/04/2016
diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016
diario

XIII JORNADAS DE LA OTRA PSIQUIATRÍA "EL...

22/03/2016
diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA...

20/03/2016
diario

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "VERSIÓN...

17/03/2016
diario

Conclusións I xornada AGSM-AEN

14/12/2015
diario

I XORNADA DA AGSM-AEN "DO QUE ESTÁ EN CRISE"

14/09/2015
diario

PRAZOS I XORNADA DA AGSM-AEN

06/10/2015
diario

FOOLMAKERS

19/09/2015