II XORNADA DA AGSM-AEN. “AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA”

18/11/2016

Poderedes facer a inscrición ao través desta páxina web ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org

Recoñecida como actividade de interese científico sanitario.

Solicitada acreditación á Comisión de Formación Continuada de profesións sanitarias da Consellería de Sanidade.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité Organizador sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 

PROGRAMA

9:00-10:00

COMUNICACIÓNS ORAIS

Coordina: Alcira Cibeira Vázquez (Psiquiatra, CHUO)

10:00-10:30

RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN
INAUGURACIÓN DA XORNADA

Coa presenza de:

Eloína Nuñez Masid. (Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras)

Ramón Area Carracedo (Presidente da AGSM-AEN)

10:30-12:00

Mesa 1

LOUCURA E TEMPO

Modera: Paula Cores Viqueira (Psiquiatra, HULA)

O tempo todo lou-cura

Adrian Gramary Cancelas (Psiquiatra, Porto)

O suxeito na temporalidade psiquiátrica

Ramón Area Carracedo (Psiquiatra, Hospital Psiquiátrico de Conxo)

O tempo das psicoses ordinarias

Manuel Fernández Blanco (Psicólogo clínico CHUAC, psicanalista ELP)

12:00-12:30

Pausa-café

12:30-14:00

Mesa 2

LOUCURA E LEI

Modera: David Simón Lorda (Psiquiatra, CHUO)

Decisións xudiciais e saúde mental: ¿quen decide?

Luís Seguí Sentagne (Avogado, psicanalista ELP, Madrid)

Legalidade física e ciencia delirante

Javier Peteiro Cardelle (Xefe de sección de Bioquímica, CHUAC)

Psiquiatras e xuristas frente ao desorde: a peligrosidade do enfermo mental durante o franquismo.

Ricardo Campos Martín (Instituto de Historia. CSIC. Madrid)

14:00-16:00

Descanso-comida

16.00-17.30

Mesa 3

LOUCURA E PSICOPATOLOXÍA

Modera: Tiburcio Angosto Saura (Psiquiatra, Vigo)

Unha pulgada de goce

Rubén Touriño Cantón (Psiquiatra Sant Joan de Deu, Barcelona)

Suxeito, narratividade e psicanálise

Antón Casais Lestón (Psiquiatra, CHUO)

Rehabilitación online en cognición social: e-motional training

Alexandre García Caballero (Psiquiatra, CHUO)

17:30-17:45 Pausa-café

17:45- 19:15

Mesa 4

LOUCURA E INFANCIA

Modera: Ania Justo Alonso (Psiquiatra, Vigo)

O neno do tenedor

Lourdes Cuello Hormigo (Psiquiatra Unidade Infanto Xuvenil CHUO)

A escola: lugar de apertura...ou de peche

Luz Fernández García (Psicóloga, psicanalista ELP, Vigo)

Formas de expresión da loucura do neno. Psicose infantil e linguaxe

Federico Menéndez Osorio (Psiquiatra, A Coruña)

19:15-20:00

A OUTRA VOZ.

Paula Tomé Espiñeira. Radio Prometea

Presentan: Luis Rodríguez Carmona (Traballador social CHUO), Chus Gómez Rodríguez (Psiquiatra CHUO, psicanalista ELP)

20.00

CLAUSURA

20:15-21.00

Asamblea de socios AGSM-AEN

COMITÉ ORGANIZADOR: Antón Casais Lestón,

Alcira Cibeira Vázquez,

Chus Gómez Rodríguez,

Luis Rodríguez Carmona, David Simón Lorda.

COMITÉ CIENTÍFICO:

Tiburcio Angosto Saura, Ramón Area Carracedo, Raimundo Mateos Álvarez, Federico Menéndez Osorio.

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

16-22/02/2017

Debemos ter en conta que no encontro ante un caso clínico sempre vai ser necesario orientarse. 

A propia palabra expresa certa precariedade dos seres humanos ao botar man dela nun sentido metafórico. O seu primitivo ten unha sinxeleza que abraia: orientarse é buscar o oriente, o lugar por onde sae o sol. Porén, para toda esa chea de situacións nas que precisamos unha orientación non chega con erguer a cabeza e buscar no ceo unha estrela.

Esta comparación permite dar conta das nosas insuficiencias como profesionais: ás veces pola falla de aprendizaxe, outras pola natureza intrínseca da circunstancia na que estamos enredeados e outras pola situación do saber que, ao tempo, non é quen de proporcionarnos unha teoría completa e nega outras posíbeis formas de achegamento ao problema.

En definitiva, a saúde mental é complexa, os casos son moi diferentes entre sí, a diagnose estandarizada non aporta demasiadas pistas sobre a abordaxe do caso e non existen teorías unitarias nas que acubillarse.

Identificamos distintos factores que se relacionan co deficiente traballo psicoterapéutico na rede pública de saúde. Poderíamos citar algunhas causas ben coñecidas por todos: a escaseza de tempo, o xeito de plantexar as demandas, as encomendas sociais á saúde mental, os factores que contribúen a fornecer un paradigma dominante, as propias particularidades dun sistema de formación en psicoterapia que cadran dificilmente co sistema de formación de especialistas ou a diversidade de escolas e orientacións.

A pesar da lexislación vixente, as recomendacións das guías de práctica clínica e o estado do saber na saúde mental; a realidade é que os doentes teñen pouco acceso á psicoterapia na rede pública, existen praxes moi heteroxéneas e, as máis das veces, todo queda a disposición das preferencias do profesional. 

Porén, moitos profesionais logo (ou durante) o seu período formativo son aludidos por un caso. Ás veces é algo que non vai ben, un caso grave ou complicado. Noutras ocasións é algo da orde do propio, dos seus puntos cegos ou dificultades persoais.

As posibilidades de consulta con outro profesional son limitadas e moi pouco regradas, e a maioría das veces resólvense como se pode, non sempre satisfactoriamente nin para o doente nin para o profesional. Existen poucos espazos onde poder falar dun caso clínico sen que estean asolagados por unha vivencia de afundimento ante o recoñecemento das dificultades ou pola vivencia narcisista do que presuntamente axuda.

Neste senso, coidamos que é necesario crear estos espazos de docencia onde poidan poñerse en xogo todas estas cuestións con seguridade e rigor. 

A formalización dunha actividade ao redor da orientación de casos clínicos é o noso obxectivo; para elo gustaríanos contar coa vosa participación e colaboración nos seminarios que temos programados para 2017.

Deixámosvos información do próximo seminario de orientación de casos e esperámosvos a tod@s!!

II XORNADA DA AGSM-AEN. “AS DECLINACIÓNS DA...

18/11/2016

Poderedes facer a inscrición ao través desta páxina web ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org

Recoñecida como actividade de interese científico sanitario.

Solicitada acreditación á Comisión de Formación Continuada de profesións sanitarias da Consellería de Sanidade.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité Organizador sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "versión...

15/04/2016

Debemos ter en conta que no encontro ante un caso clínico sempre vai ser necesario orientarse. 

A propia palabra expresa certa precariedade dos seres humanos ao botar man dela nun sentido metafórico. O seu primitivo ten unha sinxeleza que abraia: orientarse é buscar o oriente, o lugar por onde sae o sol. Porén, para toda esa chea de situacións nas que precisamos unha orientación non chega con erguer a cabeza e buscar no ceo unha estrela.

Esta comparación permite dar conta das nosas insuficiencias como profesionais: ás veces pola falla de aprendizaxe, outras pola natureza intrínseca da circunstancia na que estamos enredeados e outras pola situación do saber que, ao tempo, non é quen de proporcionarnos unha teoría completa e nega outras posíbeis formas de achegamento ao problema.

En definitiva, a saúde mental é complexa, os casos son moi diferentes entre sí, a diagnose estandarizada non aporta demasiadas pistas sobre a abordaxe do caso e non existen teorías unitarias nas que acubillarse.

Identificamos distintos factores que se relacionan co deficiente traballo psicoterapéutico na rede pública de saúde. Poderíamos citar algunhas causas ben coñecidas por todos: a escaseza de tempo, o xeito de plantexar as demandas, as encomendas sociais á saúde mental, os factores que contribúen a fornecer un paradigma dominante, as propias particularidades dun sistema de formación en psicoterapia que cadran dificilmente co sistema de formación de especialistas ou a diversidade de escolas e orientacións.

A pesar da lexislación vixente, as recomendacións das guías de práctica clínica e o estado do saber na saúde mental; a realidade é que os doentes teñen pouco acceso á psicoterapia na rede pública, existen praxes moi heteroxéneas e, as máis das veces, todo queda a disposición das preferencias do profesional. 

Porén, moitos profesionais logo (ou durante) o seu período formativo son aludidos por un caso. Ás veces é algo que non vai ben, un caso grave ou complicado. Noutras ocasións é algo da orde do propio, dos seus puntos cegos ou dificultades persoais.

As posibilidades de consulta con outro profesional son limitadas e moi pouco regradas, e a maioría das veces resólvense como se pode, non sempre satisfactoriamente nin para o doente nin para o profesional. Existen poucos espazos onde poder falar dun caso clínico sen que estean asolagados por unha vivencia de afundimento ante o recoñecemento das dificultades ou pola vivencia narcisista do que presuntamente axuda.

Neste senso, coidamos que é necesario crear estos espazos de docencia onde poidan poñerse en xogo todas estas cuestións con seguridade e rigor. 

A formalización dunha actividade ao redor da orientación de casos clínicos é o noso obxectivo; para elo gustaríanos contar coa vosa participación e colaboración para difundir esta “versión piloto” coa que arrancamos. 

Esperámosvos a tod@s!!

I XORNADA DA AGSM-AEN “DO QUE ESTÁ EN CRISE”

23/10/2015

Declaradas de interese sanitario. Acreditadas con 0´7 créditos polo sistema de formación continuada das profesións sanitarias.

Un dos propósitos da asociación debe estar dirixido a fornecer as teorías e os valores que garantan unha asistencia digna á saúde mental. As ponencias, o formato, o lugar e, con carácter xeral, a organización das xornadas, orientouse cara á creación dun espazo ao redor do cal poidamos xuntarnos, intercambiar opinións e poñer ideas en común. Algo que de ningún xeito é un asunto menor nestes tempos que corren.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité de Organización sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 