XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E LITERATURA "35 ANOS DO SISO SAÚDE"

10/06/2017

10 de Xuño de 2017

Pazo Museo Otero Pedrayo, Trasalba.


 

Hai xa trinta e cinco anos que profesionais da saúde mental construíron un aparello de papel chamado Inter-nós que, co paso do tempo, deu en chamarse Siso Saúde. Houbo un algo de delirio en todo aquilo, coido que por dúas ou tres razóns. Nunha fisterra como era (i é) Galiza ter a pretensión de argallar unha revista fóra de cobertura do saber médico, co tema da saúde mental como fundamento, coas formas dunha publicación de calidade, sen patrocinios, permitindo o galego e con autores de aquí. Ademais, cómpre ter en conta unha vontade de intervir na realidade asistencial, unha preocupación pola estética e a linguaxe e unha decidida aposta por ese saber que tende a situarse nos marxes e as fronteiras.

 

Como outras moitas cousas da nosa terra camiñou paseniño, sen que lle deramos a importancia que merece, ás veces máis valorado fóra que aquí e contendo traballos que hoxe posúen a categoría de clásicos.

 

O Siso foi lido por xente de moita sona na saúde mental en España e, de cando en vez, nas conversas informais fancho saber lembrando artigos que sabías excelentes pero que pensabas chantados na terra e sen vontade viaxeira. Hai Sisos nas bibliotecas de Tokio, Canadá e África. Hai moitas citacións en teses de doutoramento. E comentarios de libros que anticípanse ás modas, revisións dunha minuciosidade abraiante, propostas psicopatolóxicas orixinais, análises de situacións sociais rigurosas e coa ética presidindo cada liña. Están o Lamas, Madó, Vila, Tiburcio, Chus, García de la Villa, Arturo Rey, Marisol, Alberdi, Simón, Fidel Vidal, Pedreira, Manolo Fernández Blanco e... asumo a miña falla polos que deixo de citar.

 

Con insistencia, cada liña teima en falar da loucura. É un aparello de papel que non se apaga aínda que ás veces pareza fóra de cobertura.

 

Dende fai trinta e cinco anos hai días nos que un escoita: xa saíu o Siso.

 

Ramón Area

Presidente da AGSM-AEN



PROGRAMA

11:00h. 

Presentación

Chus Gómez.

 

A edición

Paco Macías.

 

A escritura

Ramón Vilar.

 

A lectura

Ramón Area.

 

A ciencia escrita

(pendente de confirmación)

 

O Siso

Santiago Lamas.

 

14:00h.

Xantar festivo e tarde de música e conversa.

 

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

10/06/2017

10 de Xuño de 2017

Pazo Museo Otero Pedrayo, Trasalba.


 

Hai xa trinta e cinco anos que profesionais da saúde mental construíron un aparello de papel chamado Inter-nós que, co paso do tempo, deu en chamarse Siso Saúde. Houbo un algo de delirio en todo aquilo, coido que por dúas ou tres razóns. Nunha fisterra como era (i é) Galiza ter a pretensión de argallar unha revista fóra de cobertura do saber médico, co tema da saúde mental como fundamento, coas formas dunha publicación de calidade, sen patrocinios, permitindo o galego e con autores de aquí. Ademais, cómpre ter en conta unha vontade de intervir na realidade asistencial, unha preocupación pola estética e a linguaxe e unha decidida aposta por ese saber que tende a situarse nos marxes e as fronteiras.

 

Como outras moitas cousas da nosa terra camiñou paseniño, sen que lle deramos a importancia que merece, ás veces máis valorado fóra que aquí e contendo traballos que hoxe posúen a categoría de clásicos.

 

O Siso foi lido por xente de moita sona na saúde mental en España e, de cando en vez, nas conversas informais fancho saber lembrando artigos que sabías excelentes pero que pensabas chantados na terra e sen vontade viaxeira. Hai Sisos nas bibliotecas de Tokio, Canadá e África. Hai moitas citacións en teses de doutoramento. E comentarios de libros que anticípanse ás modas, revisións dunha minuciosidade abraiante, propostas psicopatolóxicas orixinais, análises de situacións sociais rigurosas e coa ética presidindo cada liña. Están o Lamas, Madó, Vila, Tiburcio, Chus, García de la Villa, Arturo Rey, Marisol, Alberdi, Simón, Fidel Vidal, Pedreira, Manolo Fernández Blanco e... asumo a miña falla polos que deixo de citar.

 

Con insistencia, cada liña teima en falar da loucura. É un aparello de papel que non se apaga aínda que ás veces pareza fóra de cobertura.

 

Dende fai trinta e cinco anos hai días nos que un escoita: xa saíu o Siso.

 

Ramón Area

Presidente da AGSM-AEN



XXI XORNADAS DE TRASALBA : PSIQUIATRIA, PSICANALISE...

28/05/2016

 

No ano 1991 celebráronse no Pazo de Trasalba as primeiras xornadas  baixo o titulo xenérico de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura. O nome facía honra ao pulo por conservar e ampliar os lazos que unen disciplinas que nunca terían que estar a separarse (por moito que se empeñaran e se empeñen dende diferentes lugares e discursos).

 

Foi o bulebule do inxenio do Lamas (e a súa arela) quen pariu a idea, acadando que a afectio societatis fixera de pez para tecer a rede de Trasalba, dotada dun certo aire clandestino e un acabado informal (aínda que coidado), rasgos definitorios de toda a serie. 

 

Un tempo despois, dedicáronse cada ano a un tema xenérico: a ausencia, as emerxencias, a comunidade, o retorno, a marea negra do Prestige e a saúde mental, coa música a outra parte, os nomes do mal… e así ata 21 títulos que compoñen unha pequena cronoloxía intelectual do país e do oficio. Os contidos e as palabras foron conformando uns encontros abertos, dialogantes e cheos dun bo facer que espabilaba os maxíns dos asistentes quen, nun entusiasmo poucas veces visto, xa comezaban a artellar o seguinte Trasalba.   

 

Dende daquela, e xa vai un cuarto de século (que se di pronto), fomos quen de mantelas con continuidade 20 edicións. Por  elas desfilaron xentes das letras, das artes, da política, do cinema, da canción, do xornalismo... de todos os recunchos de Galicia, ademais  de profesionais do terreo deste oficio psy, enredados coa tolemia e co asunto das paixóns, sufrimentos e outras historias humanas.

 

Esa aposta aínda continúa tras un pequeno paréntese duns anos de silencio, posiblemente interpretable, e que coincide cun certo esparexemento e diásporas varias.

 

Este ano celebramos de novo as XXI xornadas ás que todos estades invitados. O titulo xenérico é Galicia Style con toda a retranca que ten escribir títulos deste xeito.

 

Xurde dunha teima sen resolver sobre a que vimos falando de xeito informal dende xa hai tempo,  ata que, por fin, a idea coagulou en facer un encontro. (por certo, un mecanismo moi Trasalba style).

 

Trátase de poder falar do que os termos Galicia e Estilo suscitan nos diferentes invitados, e a partires do que nos conten, facer una conversa que sexa texto e pretexto. Abrir preguntas, desenferruxar os miolos e atreverse a pensar sobre o que acontece ou o que non; do que, se non o fai, debera; do porque si ou porque non. 

 

Se identidade e identificación non son o mesmo: ¿que rasgos nos configuran como pobo?, ¿é Galicia sitio distinto como dicía Reixa? ¿que relacións mantemos co poder? ¿de que maneira gozamos como pobo? ¿que relación temos co saber ? ¿e a relación coa pulsión de morte?

 

Estas son algunhas das cuestión polas que orientarse e abrir o debate.

 

Se o estilo supón unha posición subxectiva, e á consistencia do mesmo a través do tempo lle podemos chamar identidade, poderiamos aventurar un subtítulo ao redor da cuestión do estilo: ¿que posición ética como pobo temos fronte o desexo, o amor e o goce?

 

Sobre destas cuestións e outras moitas posibles, falaran os nosos convidados, aportando o seu saber e reflexións sobre o asunto, e o que lles suxire.

 

 

Estades todos convidados.

 

Ourense,  Abril do 2016