Crónica sobre as xornadas estatais de saúde mental

Asociación española de neuropsiquiatría

“sujet_s a lo social”


Diego González Peña. MIR
Hospital Universitario Lucus Augusti.


Correspondencia: diego.gonzalez.pena@sergas.es



Os pasados días 1, 2 e 3 de Xuño, tiveron lugar en Madrid, as vinteseteavas xoranadas estatais de saúde mental da aen co lema “Sujet_s a lo social”, baixo o cal se daban citas persoas diversas do eido da saúde mental. Máis a asistencia non só estaba composta por profesionais “psi”, contando tamén con outras perspectivas e experiencias, como as do mundo do traballo e a educación social, a terapia ocupacional e outras que é preciso subliñar, como por exemplo a das persoas usuarias, superviventes ao sistema, diagnosticadas... que (creo que por primeira vez nas xornadas estatais) tiveron unha voz nas diferentes palestras que compuñan o programa, así como nos necesarios debates que naceron delas.


Tentaremos dar unhas breves pinceladas sobre algunhas delas, comezando coa xornada do xoves, aberta por unha mesa sobre La psiquiatricación del suicidio na que Guillermo rendueles falou da psiquiatrización do suicidio, da visión actual que a sociedade e a clínica impón sobre o mesmo, e da morea de dispositivos, diagnósticos e intervencións que se desenrolan arredor do (ou en contra do) suicidio. Aportou así mesmo unha visión das motivacións e dos contextos que arrodean a actos deste tipo, de gran valor para achegarnos a este fenómeno social de caracter tan complexo e poliédrico.

Chegou o momento para, despois do acto inaugural das xornadas, a seguinte mesa que levaba por nome Psicopatología De(s)generada, que xerou un rico debate arredor da cuestión do xénero e a súa importancia na nosa práctica, cuestión que se viu reflectida na estrutura do debate, grazas a priorización da palabra das mulleres no mesmo, evitando así monopolios e monólogos aos que por desgraza estamos acostumadas.


Ana Távora, abordando a complementariedade no espacio terapéutico introduciunos como a socialización da muller como suxeito pasivo/sumiso nos obriga a repensar a nosa posición como terapeutas para conseguir establecer unha relación de confianza e horizontalidade, evitando dicotomías activo/pasivo, débil/poderoso, ou víctima/salvador que poden enturbiar a relación e perpetuar os sufrimentos.


Cristina Polo fixo o propio na súa intervención, sobre a identificación e deconstrucción dos mandatos de xénero nas narrativas terapéuticas, resaltando a importancia das claves que as teorías feministas aporta e como incorporalas ao traballo psicoterapéutico para comprender mellor esas “psicopatoloxías” e intervir (ou non facelo) para evidenciar e desmontar estos mandatos silenciosos que restrinxen e provocan sufrimento.


Na tarde do xoves, dúas mesas transcorreron de forma simultánea, así como as comunicacións libres das xornadas. versaron sobre a cuestión da horizontalidade na relación terapéutica, nas que estiveron, amaya vilalonga alba (Supervivente ao sistema de saúde mental. educadora social e formadora en apoio Mutuo. Coordinadora de actividades da Federación andaluza en Primera Persona), que orientou a súa intervención cara á análise dos distintos factores, actitudes e limitacións que conleva determinadas visións do que é ou debe ser a interacción clínico-doente, e a necesidade de evitar intervencións dende unha posición de omnipotencia, o que conleva o uso do poder e interfire nos procesos de recuperacións das persoas con sufrimento psíquico. a súa intervención El trato horizontal como 

 "cura" del abuso de poder foi acompañada pola de olaia Fernández Fernández (Postpsiquiatra. Grupoanalista. Parte do colectivo FLIPAS. non diagnosticada), Para qué estamos aquí: retirada, violencia necesaria, límites y pactos de cuidado, unha reflexión precisa sobre a parte que nos toca, aos profesionais, nos procesos de acompañamento na saúde e no malestar das persoas con diagnósticos psiquiátricos e a necesidade de repensar e eliminar prácticas, até o de agora maioritarias, que na meirande parte das veces incrementan o malestar no canto de mitigalo.


Ao mesmo tempo, transcorría a mesa Psiquiatría y cambio social en el tardo- franquismo y la transición: contradicciónes y resistencias, na que interviñan, David Simón Lorda, Ricardo Campos Marín y Rafael Huertas Alejo. Unha (re)visión sobre unha época convulsa e de cambio na psiquiatría do estado español, abordando as contradicións, dificultades e expectativas que xeraron todos os variados movementos que compuxeron a chamada “reforma”.


O venres pola mañá falarían Sami Timimi, Psiquiatra infanto-juvenil en Gran Bretaña, sobre La Macdonalización de la salud mental en la infancia y el mito del progreso, unha crítica as actuais liñas de investigación e tratamentos dos famosos “trastornos”, convertidos en epidemia nas últimas décadas, o TDAH e os “trastornos do espectro autista”. Unha análise crítica da metodoloxía “científica” e dos xogos conceptuais, como as relacións que se constrúen entre: listaxes de síntomas, “trastornos”, conectando esto con alteracións neuroquímicas ou cambios en probas de imaxe para no último paso, indicar tratamentos farmacolóxicos dirixidos a “arranxar” estas alteracións.


Ademais, deixou claves útiles para interacción coas familias destas crianzas (etiquetadas xa ou non) así como pequenos trucos para sortear as trabas ou presións que nos pon o sistema (como anécdota, ante a presión por diagnosticar e 

buscar etiquetas, explicou que o seu diágnostico preferido era o “trastorno adaptativo”).


Puentes en lugar de muros: hacia la verdad y la reconciliación en la psiquiatría. este era o título escollido por Helen Spandler, Profesora e investigadora na Facultade de traballo Social e investigadora da unidade de investigación psico- social na University of Central lancashire. explicou a necesidade dun diálogo aberto e horizontal entre asociacións de activistas e persoas con diagnóstico cos profesionais, e unha permeabilidade neste encontro que permita reco- ñecer e reparar erros e perdas, que fomente os desempoderamentos, e que facilite unha vía de acción conxunta sen practicas impositivas ou coercitivas.


Xa pola tarde, tiveron lugar as mesas sobre Medidas coercitivas: avanzando en alternativas, Reflexiones críticas en torno a las prácticas de rehabilitación, e Intervenciónes psicológicas en atención primaria. Destacar o debate xerado na primeira destas mesas, e as intervencións De varias persoas que sufriron medidas coercitivas en primeira persoa, así como a importancia destas intervencións para concienciar da imperiosa necesidade de buscar alternativas a estas prácticas, co obxectivo último non de reducilas, senón de abolilas por completo.


Na mañá do sábado contamos con dúas mesas simultáneas, Uso de antipsicóticos a largo plazo. La ética del riesgo, y La rehabilitación y la recuperación en la atención comunitaria. La necesidad de un debate global (organizada pola sec- ción de rehabilitación da aen). na primeira das dúas, tivemos a ocasión de escoitar a José A. Inchauspe arostegui (Psiquiatra, director del CSM San Juan, Pamplona) e a Emilio Pol Yanguas (licenciado y Doctor en Farmacia, especialista en Farmacia de Hospital, Jefe de la unidad de farmacia del Centro Dr. esquerdo para enfermos mentales de alicante), que evaluaron cuestións como o dilema entre desescalada e mantemento de tratamentos con neurolépticos de forma indefinida, o balance beneficios/riscos,

os efectos secundarios a corto e longo prazo, así como as implicacións ético-legais dos tratamentos ambulatorios involuntarios.


Remataron as xornadas coa conferencia de clausura coa intervención de Fernando Vidal (Profesor de investigación en el ICREA y profesor en el Centro de Historia de la Ciencia en la UAB) coa súa ponencia ¿Por qué “somos nuestro cerebro”? Una perspectiva cultural e histórica, na que abordou a evolu- ción histórica da concepción do complexo corpo/mente, dende as teorías humorales ata a neurociencia actual.


Finalizan as xornadas, con máis de cincocentos asistentes, con mesas de calidade nas que se trataron temas que hoxe en día teñen unha grande influencia no día a día de profesionais vinculados a saúde mental dende diversos eidos, así como nas persoas que son tratadas ou maltratadas polo(s) Sistema(s), e que teñen sufrimento emocional e psicolóxico que require unha atención o máis horizontal, humana e respetuosa posíbel. En resumo, as xornadas reflicten un compromiso da aen por mellorar a atención, criticar a situación (social e sanitaria) actual e unha apertura a escoitar os “outros discursos” arredor da saúde e da enfermidade, para buscar vías de traballo conxunto dende o respeito e o apoio mutuo.