diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016

 

O último Siso Saúde de inverno de 2015 recén saído do prelo! Da man de Edicións Positivas.

 

Xa comezou a súa distribución. Pronto o recibiredes asociados e autores das colaboracións.

 

Deixámosvos o editorial a modo de adianto...


 

EDITORIAL

 

Ramón Area

 

Pierre-Simon Laplace imaxinou unha persoa que fose quen de coñecer nun intre determidado a posición e a velocidade de todas as partículas do universo. Tal ser humano podería predecir con exactitude o futuro de calquera sistema dun xeito exacto e, polo tanto, o universo sería un puro determinismo. A cerna da cuestión non é que exista unha criatura así, senón que poida existir xa que indicaría que todo está escrito maila que non o coñezamos. En realidade hai que ir ao primeiro suposto de Laplace para rebatir o seu argumento: “…todos, absolutamente todos os fenómenos da natureza (incluido o comportamiento humano) obedecen as leis de Newton…”.  

 

A física deulle un par de voltas a este asunto, principalmente ao través de dúas precisións. A primeira é a Mecánica cuántica que introduce a cuestión do azar na realidade. A segunda é a Teoría do caos que sinala a imposibilidade de resolver con precisión determinadas ecuacións.

 

As dúas saídas son moi cuestionadas e existen moitas dúbidas de que resolvan de verdade o determinismo.

 

Quizais teñamos que ir a unha pregunta cunha dimensión máis humana para alumar un chisco toda esta divagación: Por que lles preocupa o determinismo aos físicos?

 

A resposta quizáis debera de ser ben sinxela: polas mesmas razóns que aos que non somos físicos.

 

Laplace é con frecuencia invocado cando se fala da Theory of everythig (Teoría do todo), unha hipotética teoría da física teórica que explica e relaciona todos os fenómenos físicos coñecidos (forzas gravitatorias, electromagnética, nuclear forte e nuclear débil). Un dos primeiros problemas para a construcción dunha teoría do todo é que as teorías disponíbeis (por exemplo, a teoría da mecánica cuántica e a teoría da relatividade xeral) son radicalmente diferentes entre sí no xeito de describir o universo e non existen formas sinxelas de combinalas (os intentos son ben complicados, por exemplo, a Teoría M ou a Teoría cuántica de bucles).

 

De novo quizais teñamos que ir a unha desas preguntas con dimensión humana: Porque os físicos desexan unha Theory of everything?

 

Aristóteles(1), hai xa unha chea de anos, intentou unha resposta: porque todos os homes desexan por natureza saber.

Deste desexo polo saber quizais poderíamos dicir algo máis. Para elo cómpre visitar á unha cuestión que perfunde á ciencia dende Guillerme Ockham: “…En igualdade de condicións, a explicación máis sinxela adoita ser a máis probabél...”.

 

Porén, cómpre facer un par de precisións antes de que todos os físicos e científicos do mundo desboten dos seus miolos a complexidade. En primeiro lugar, Ockham só lle deu forma de aforismo a algo que xa estaba presente como principio metodolóxico na filosofía medieval:“…Pluralitas non est ponenda sine necessitate…”.(2)

 

En realidade Ockham fala dunha cuestión de preferencia: cando unha ou dúas explicacións ofrécense para un fenómeno, o preferíbel é a explicación completa e sinxela.

 

Se retornamos ás consideracións máis humanas, a navalla de Ockham esculpe o sinxelo porque é preferíbel, porque debe ser unha aspiración e, ademáis, en moitas ocasións conduce ao progreso do pensamento e da civilización. Agora ben, a cercenación da pluralidade como única norma a seguir pode entrar de cheo no mito grego (a superación mediante o logos incluía como necesidade unha curiosidade que fuxise das explicacións sinxelas e tranquilizadoras) e no terreo do capitalismo (o eslogan como enunciado dotado de plusvalía). E temos moitas destas alienacións na atención á saúde mental de hoxe en día, das epistemolóxicas e das económicas.

 

O saber ao redor do sufrimento mental semella estar sempre no precipicio do determinismo e do reduccionismo. Na súa historia, houbo exemplos suficientes para que todos tomáramos boa nota e procurásemos non repetir erros. Porén, tal sufrimiento semella colocar aos ás seres humanos que o contemplan nunha precariedade do seu entendemento que lles leva a acubillarse nunha explicación sinxela aínda que falsa e prexudicial.

 

A finais de outubro, logo dun tempo de moito traballo, a AGSM-AEN celebrou as primeiras xornadas deste novo tempo co título “Do que está en crise”. Acudiron moitos profesionais de todas as áreas sanitarias de Galiza, as ponencias foron do máis interesante, recibiunos o Decano da Facultade de Medicina, estivo con nós a Vicepresidenta da AEN e pechou Fernando Colina cunha fantástica conferencia de clausura. Sen embargo, o máis salientábel foi a posta en marcha dun diálogo riguroso e serio entre todos os presentes. Non son quen de reducir todo o falado a un eslógan ou a unha explicación tranquilizadora. Claro que a multidisciplinariedade é complexa, o escoitar teorías e aproximación ben distintas é complexo e… a saúde mental é complexa.

 

Maila os desexos de Laplace e de todos os seus seguidores instalados en consellerías, servizos de psiquiatría e ministerios varios.



(1) Aristóteles. Metafísica. Edt. Planeta-DeAgostini, 1999, Pág. 11.

(2) A pluraridade non debe postularse sen necesidade. 

diario

VI Xornadas Tiburcio Angosto Psicopatoloxía e...

23/03/2022
diario

VISITA REALIZADA POR MNP-DEFENSOR DEL PUEBLO ...

01/11/2021
diario

V XORNADAS AGSM-AEN "NOVO TRATO"

06/09/2021
diario

SISO SAÚDE 66-67

26/07/2021
diario

SISO SAÚDE 64-65

29/09/2020
diario

SAÚDE MENTAL NO CONTEXTO DE COVID

06/05/2020
diario

Bioética e COVID-19

13/04/2020
diario

COVID-19 Recursos de interese

08/04/2020
diario

DÓS EN SITUACIÓN DE CONFINAMENTO

02/04/2020
diario

Acceso aberto a información científica sobre...

02/04/2020
diario

Saúde mental comunitaria en tempos de...

01/04/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

31/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

27/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

25/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

24/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

23/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

21/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

20/03/2020
diario

XXIX Jornadas Nacionales AEN "Vidas Dañadas en...

19/02/2020
diario

VALORACIÓN DA FICHA DE SEGUIMENTO DA VISITA...

04/02/2020
diario

Comunicado sobre a situación das persoas sen...

06/11/2019
diario

VENDA DE SISO SAÚDE

05/11/2019
diario

DOCUMENTO COMUNICACIÓNS LIBRES "Fronteras"

20/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN COMUNICACIÓNS...

19/06/2019
diario

SISO SAÚDE 62-63

13/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

07/06/2019
diario

POLBO E MÚSICA EN DIRECTO NA CEA XXVIII...

09/05/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

20/02/2019
diario

NORMAS PRESENTACIÓN COMUNICACIÓNS LIBRES ...

13/02/2019
diario

XVI Jornadas de LA OTRA PSIQUIATRÍA Clínica...

12/02/2019
diario

AVALIACIÓN ESTIMATIVA DO PLAN ESTRATÉXICO DE...

11/02/2019
diario

V Xornada de Psicopatoloxía e Cultura...

04/02/2019
diario

INFORME TÉCNICO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE...

24/12/2018
diario

IV Xornadas AGSM-AEN, “Contrastes”

11/10/2018
diario

A xustiza obriga o Sergas a cesar o xefe de...

04/10/2018
diario

RECURSOS RESIDENCIAIS NO TRASTORNO MENTAL...

10/09/2018
diario

Visita Defensor del Pueblo (Mecanismo de...

03/07/2018
diario

Informe MNP do Defensor del Pueblo Hospital...

14/06/2018
diario

XXVII Congreso da AEN-PSM “Aprender del...

28/05/2018
diario

CONVERSAS AGSM AS UNIDADES DE SAÚDE MENTAL

23/05/2018
diario

SISO-SAÚDE 60-61

10/04/2018
diario

IV Xornada de Psicopatoloxía e Cultura DE...

19/03/2018
diario

INFORME TÉCNICO COMITÉ VALORACIÓN...

28/02/2018
diario

I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE...

08/11/2017
diario

O TSXG da a razón ó ex-xefe de Psiquiatría...

28/10/2017
diario

Xornadas AGSM-Pontevedra "Sufrimento...

20/09/2017
diario

PLAN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN GALICIA ...

08/09/2017
diario

Festa dos 35 anos do Siso Saúde

04/06/2017
diario

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

03/05/2017
diario

O primeiro Inter-nós e o primeiro Siso

26/04/2017
diario

A FESTA DOS 35 ANOS DO SISO SAÚDE

07/04/2017
diario

SISO SAÚDE 58-59

22/03/2017
diario

XXVII JORNADAS NACIONALES SALUD MENTAL AEN...

16/03/2017
diario

III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura ...

25/02/2017
diario

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

22/02/2017
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN SOBRE A XEFATURA DE...

21/12/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" ACTO DE CLAUSURA...

20/11/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA...

19/11/2016
diario

II XORNADA AGSM-AEN "AS DECLINACIÓNS DA...

23/10/2016
diario

IV Jornadas Interautonómicas de Salud Mental...

15/10/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

29/05/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

11/05/2016
diario

XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación...

23/04/2016
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN EN RELACIÓN A ...

13/04/2016
diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016
diario

XIII JORNADAS DE LA OTRA PSIQUIATRÍA "EL...

22/03/2016
diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA...

20/03/2016
diario

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "VERSIÓN...

17/03/2016
diario

Conclusións I xornada AGSM-AEN

14/12/2015
diario

I XORNADA DA AGSM-AEN "DO QUE ESTÁ EN CRISE"

14/09/2015
diario

FOOLMAKERS

19/09/2015