Adxuntamos información das VI Xornadas Tiburcio Angosto de Psicopatoloxía e Cultura, que se celebrarán en Lugo o xoves 21 de abril de 2022 no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Para inscribirse deberán enviar un correo electrónico a secretaria@agsm-aen.org con data límite 18-04-2022 (inscrición gratuíta).
Adxuntamos as conclusións da ficha de seguimento da visita ao Hospital Psiquiátrico de Conxo polo MNP da oficina do Defensor del Pueblo.
O vindeiro 12 de Novembro´21, a Asociación Galega de Saúde Mental organizará as súas xornadas, coa intención de ser presenciais, baixo o título “Novo Trato”, que terán lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta (Santiago de Compostela).
Xa está dispoñible o programa definitivo (arquivo adxunto), agardamos que sexa do voso interese.
Xa podedes inscribirvos a través deste enlace.
Xa podes descargar o nº66-67 da revista SISO SAÚDE en PDF!
Xa podes descargar o nº 64-65 do Siso Saúde en PDF
Parécenos moi necesario e urxente comezar a falar da saúde mental no contexto de Covid. Dende a AGSM-AEN, colectivo de profesionais implicados na asistencia da sanidade pública durante estas semanas de emerxencia, fixemos unha primeira análise de situación e de valoración cara ao futuro.
A presente crise sanitaria vén de plantexar múltiples conflictos éticos nos que a toma de decisións poderá ter repercusións en todas as persoas implicadas, que aínda é cedo para valorar, e nos que están en risco os dereitos das colectivos máis vulnerables.
Hoxe compartimos o enlace a unha carpeta onde pretendemos por a disposición dos visitantes da páxina os documentos e recursos que fomos compartindo dende o inicio da crise polo coronavirus.
Atopámonos diante dun escenario no que as situacións e risco de contaxio e as necesidade de prevención, conducen a que algúns doentes enfermen e morran en soidade. Ás veces, os familiares e outros seres queridos non poden facer un acompañamento nin ao longo do proceso de enfermidade nin após o falecemento. Son cuestións que poden obstaculizar os procesos de dó polo desacougo que xera o abandono obrigado do doente, por non podermos dicir aquelo que desexamos ou por no podermos abrazar doentes e familiares.
Hoxe damos difusión a varios repositorios de artigos sobre covid-19 e á petición realizada dende institucións académicas e bibliotecas para un acceso aberto a ciencia.
Hoxe compartimos dous documentos que nos alertan da importancia de que a crise sanitaria polo coronavirus non leve ao desmantelamento da atención comunitaria en saúde mental xusto cando podemos prever que vai ser aínda máis necesaria. Foron escritos en dous dos lugares onde o impacto da epidemia esta sendo máis duro: Italia e a Comunidade de Madrid.
A crise sanitaria que estamos vivindo, o confinamento, o distanciamento social, a exposición de determinados grupos profesionais, a soidade de moitos, as perdas que suceden cada día; están dando lugar a distintas iniciativas que pretenden acompañar a estas persoas, dar recursos ou orientarnos. Hoxe recopilamos algunha delas.
Damos difusión a máis recursos de interese para os profesionais da saúde mental no afrontamento da crise xerada pola epidemia covid-19.
Hoxe incluimos máis documentos e enlaces, con aportacións referidas ao apoio aos profesionais nesta crise, aos grupos especialmente vulnerables en residencias e institucións psiquiátricas e outros recursos de apoio.
Continuamos compartindo material que pode ser de utilidade nesta crise
A AGSM tentará, ao longo destes días, seleccionar a información que consideramos de máis interese relativa ao coronavirus e a saúde mental.
Para comezar compartimos diversos enlaces referidos a información xeral sobre o coronavirus, organización asistencial, vulnerabilidade psicosocial e intervención en crise.
Logo de enviar carta ás autoridades sanitarias, a AGSM recibiu resposta no día de onte. Comunicamos aos nosos asociados o novo escrito que lle diriximos.
Diante da crise sanitaria polo coronavirus manifestamos a necesidade inmediata de establecer un plan de actuación urxente e específico no eido da saúde mental. A organización en rede dos nosos servizos inclúe, ademais, diferencias substanciais en cada área sanitaria no xeito de artellar a asistencia. É polo tanto necesario que cada xefatura valore cos profesionais os mellores xeitos de abordar esta situación grave e cambiante para, como todos desexamos, tomar as decisións máis acertadas.
Podese descargar o contido premendo no link
Comprácenos presentarvos as XXIX Jornadas Nacionales de Salud Mental AEN "Vidas Dañadas en tiempos inciertos”, que terán lugar os días 11-13 de xuño de 2020 na Aula Magna do Convento de Santa Cruz (Segovia).
Adxuntamos comunicado da AGSM-AEN en relación á ficha de seguimento da visita ao Hospital Psiquiátrico de Conxo da oficina do defensor del pueblo.
Compartimos o comunicado da Asociación Galega de Saúde Mental- AEN respecto a problemática das persoas sen fogar da cidade de Compostela.
Xa está á venda o Siso 62-63 e números anteriores.
Neste documento recóllense as comunicacións libres presentadas no transcurso da sesión celebrada na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela o día 20 de xuño de 2019.
Presentación de COMUNICACIÓNS LIBRES o xoves 20 de xuño ás 9.30h na Universidade de Xeografía e Historia da USC, aula 14.
Adiantámosvos o programa
Xa podes descargar o nº62-63 da revista SISO SAÚDE en PDF!
Xa temos programa definitivo! Interesantes ponencias, música en directo na cea e boa conversa asegurada!
Aínda non te apuntaches á cea das XXVIII Jornadas Nacionales AEN deste ano?
Comprácenos presentarvos as XXVIII Jornadas Nacionales de Salud Mental AEN “Fronteras”, que terán lugar os días 20-22 de xuño de 2019 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.
Animádevos a participar nas XXVIII Jornadas Nacionales de Salud Mental AEN “Fronteras” con unha comunicación libre.
AMPLÍASE O PRAZO DE RECEPCIÓN DE RESUMOS de COMUNICACIÓNS ATA o día 20 de MAIO de 2019.
Admitiranse só comunicación orais, NON tipo póster.
As propostas de comunicación poderanse facer enviando o resumo á dirección fronteras2019@agsm-aen.org
31 de mayo y 1 de junio de 2019
Hospital Universitario Río Hortega
En vindeiras datas, publicarase o novo plan de saúde mental de Galicia.
Dende a AGSM-AEN consideramos necesario poñer en relación o plan estratéxico de saúde mental de Galicia, actualmente en elaboración, co plan 2006-2011.
Vémonos en Lugo na V Xornada de Psicopatoloxía e Cultura do día 25 de abril!
A Asociación Galega de Saúde Mental recibiu, con data de 12 de decembro, solicitude para avaliar a situación do servizo de psiquiatría de A Coruña no referente á psicoloxía clínica.
Informámosvos que o 16 de novembro celebraranse as IV xornadas AGSM-AEN, baixo o lema “Contrastes” en Ferrol, no salón de actos do Hospital Naval EOXI Ferrol.
O Servizo Galego de Saúde ten que cesar ao xefe de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
A xustiza volve fallar a favor do psiquiatra Víctor Pedreira, é dicir, o Sergas ten que retrotraer as actuacións seis anos atrás.
Damos difusión ao curso sobre vivenda protexida que vamos a impartir na Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM)
PONENTE: Ramón Area Carracedo
LUGAR: local de APEM en Carballo
DATA: 24 de novembro de 2018
HORARIO: 10.00-14.00 horas
En relación ás conclusións da visita realizada polo Defensor del Pueblo na súa función como Mecanismo de Prevención da Tortura ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, a Asociación Galega de Saúde Mental solicitou reunión co subdirector xeral e planificación asistencial do SERGAS (denegada) e coa xerente do CHUS (sen contestación).
Pediu o informe completo ao Defensor del Pueblo (o publicado é un resumo) que estamos pendentes de recibir.
Na asamblea de servizo, o xefe de psiquiatría de Santiago afirmou que o informe era moi positivo (opinión que non compartimos e así se lle expresou) e na resposta realizada dende o SERGAS tras aparecer o asunto en prensa o argumento principal xirou ao redor de identificar presuntos erros ou incompletitudes no informe, sen asumir a necesidade de cambios radicais dende agora mesmo.
Recentemente tivemos coñecemento das conclusións da visita realizada polos técnicos do Mecanismo Nacional de Prevención de la Tortura (MNP) do Defensor del Pueblo
ao Hospital Psiquiátrico de Conxo.
Ampliado o prazo de inscrición ao XXVII Congreso da AEN-PSM que se celebrará en Córdoba do 6 ao 9 de xuño de 2018, coa lema “Aprender del pasado. Construír el futuro”.
Iniciamos unha serie de xornadas baixo o título de Conversas Agsm.
A primeira versará sobre as UNIDADES DE SAÚDE MENTAL
SUPERVISOR: JOSÉ LEAL
PARTICIPANTES:
- María Armas González (Médico Atención Primaria)
- Raquel Lagares Rodríguez (Psicóloga Clínica)
- Pablo Martínez Gómez (Psiquiatra)
- Nuria Otero Lago (Psiquiatra)
- Montserrat Varela Mallou (Enfermeira Especialista Saúde Mental)
- Eduardo Varela Puga (Psicólogo Clínico)
DATA: 26 DE MAIO de 10:00-14.00 horas.
LUGAR: Centro sociocultural de Fontiñas, Santiago de Compostela.
Xa está aberto o prazo de inscrición!
Xa saiu do prelo o número 60-61 do Siso Saúde!
Non faltedes á IV Xornada de Psicopatoloxía e Cultura!
Achegamos o informe técnico elaborado polo Comité de Valoración Asistencial da Asociación Galega de Saúde Mental en relación ao Hospital de Calde.
Informámosvos que o próximo 24 de novembro celébrase en Ourense a I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE MENTAL, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
O TSXG da a razón a Victor Pedreira no seu preito co Sergas pola súa destitución como xefe de Psiquiatría do CHOP.
"O sufrimento psíquico: malestares e expresións psicopatolóxicas" é o lema das Xornadas AGSM-AEN que este ano celebraremos no PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA, o día 27 de outubro, baixo a coordinación de Santiago Parada Nieto.
Hoxe presentouse o Plan de Prevención do suicidio en Galicia
Ante a solicitude de revisión externa por parte da Consellería esta foi a resposta consensuada na Xunta Directiva da Asociación
O sábado 10 de xuño, Pazo Museo Otero Pedrayo, Trasalba (Amoeiro, Ourense) 11h-14h.
As 14h xantar festivo, conversa e música con Chus Pazos e os Fantásticos.
Inmersos na organización da Festa dos 35 anos do Siso Saúde!
Xa temos programa definitivo e cartel! Interesantes ponencias, música de calidade e boa conversa asegurada!
Entrada de balde ata completar aforo, por orde de inscrición. Desfrutando ademais, os primeiros 40 inscritos, dun xantar gratuíto.
Xa estamos case listos para a Festa dos 35 anos do Siso Saúde!
Entre os preparativos para a celebración recuperamos con moito entusiasmo e agarimo o primeiro Inter-nós e o primeiro Siso, que estarán publicados en formato PDF ata o remate das XXII Xornadas Trasalba "Festa dos 35 anos do Siso-Saúde"
O Siso Saúde cumpre 35 anos! e este ano celebrarémolo cunha festa que terá lugar o sábado 10 de xuño no Pazo-Museo Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro, Ourense)
Xa no prelo o número 58-59 do Siso Saúde!
Compartimos a editorial escrita por Ramón Area, Presidente da AGSM-AEN.
“Sujet_s a lo social” é o lema das XXVII Jornadas Nacionales de Salud Mental AEN que organiza este ano a Asociación Madrileña de Salud Mental (AMSM) e que terán lugar o 1, 2 e 3 de xuño de 2017 no ilustre Colexio Oficial de Médicos de Madrid
Compartimos o cartel da próxima III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura "Música, Loucura e Creatividade" a celebrar en Lugo o 20 de abril de 2017.
Inscricións: SALUDMENTALLUGO@GMAIL.COM (Data Límite: 17 de abril de 2017)
Gustaríanos contar coa vosa participación e colaboración nos seminarios de orientación de casos que temos programados para 2017.
Deixámosvos información do próximo seminario e esperámosvos a tod@s!!
Compartimos o Comunicado da Asociación Galega de Saúde Mental- AEN respecto a reciente sentencia sobre a Xefatura de Servizo de Psiquiatría de Pontevedra
Peche da II Xornada da AGSM-AEN " As declinacións da Loucura" celebradas o venres 18 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
Interveñen: Chus Gómez, Paula Tomé Espiñeira do colectivo Radio Prometea e Luis R. Carmona.
Compartimos o texto co que Ramón Area, Presidente da AGSM-AEN, inaugurou en Ourense a II Xornada da Asociación Galega de Saúde Mental "As Declinacións da Loucura"
Animádevos a participar na vindeira xornada da Asociación Galega de Saúde-Mental-AEN!
A celebrar en Ourense o día 18 de novembro de 2016 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
Poderedes formalizar a inscrición ao través desta páxina web ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org
As propostas de comunicación oral poderánse facer enviando resumo á dirección de mail: xornadas@agsm-aen.org.
O plazo máximo de recepción dos traballos será ata o día 8 de novembro.
Os traballos premiados serán publicados na revista SISO SAÚDE.
As Jornadas Interautonómicas de Salud Mental del Norte chegan á súa cuarta edición cun aire “crítico e innovador” baixo o lema “Tiempo de cambio, Tiempo de reflexión”.
Acreditadas con 1,6 créditos pola Conserjería de Sanidad do Principado de Asturias
Celebraranse no salón de actos da Escuela de Hostelería de Gijón do 20 -22 de outubro de 2016
Inscríbete accedendo a http://aenasturias.es/incripcion/
Tarifas adaptadas á actual situación de crise económica:
- 30 euros parados, estudantes e xubilados.
- 50 euros socios AEN categorías enfermería, terapia ocupacional, traballo social, PIR, MIR ,EIR.
- 90 euros socios AEN categorías psiquiatría, psicoloxía, socioloxía e medicina Tarifas máis elevadas para os non socios AEN.
Peche das xornadas de Trasalba 2016, GALICIA STYLE celebradas o sábado 28 de maio no Pazo-Museo Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro)
Parabéns a organizadores, asistentes e poñentes.
Todo un éxito!
Compartimos o programa das XXI Xornadas de Trasalba: Psiquiatría, Psicanalise e Literatura que co título "Galicia Style" celebraranse o sábado 28 de maio de 2016 en horario de 9.00h-15.00h no Pazo-Museo Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro, Ourense)
"Construyendo Ciudadanía: Modelos y Servicios de Salud Mental que Respetan los Derechos de las Personas" é o título das XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación Española de Neuropsiquiatría que terán lugar o 2 e 3 de xuño de 2016 na Universidade Politécnica de Cartagena (Murcia).
Evento declarado de interese científico sanitario.
As inscricións realizaranse a través da web oficial da Asociación Murciana de Salud Mental-AEN nun formulario habilitado para tal fin.
Para máis información consultar: https://amusm.org/
A Asociación Galega de Saúde Mental-AEN en relación a problemática dos sen teito da cidade de Compostela manifesta:
O último Siso Saúde de inverno de 2015 recén saído do prelo! Da man de Edicións Positivas.
Xa comezou a súa distribución. Pronto o recibiredes asociados e autores das colaboracións.
Deixámosvos o editorial a modo de adianto...
"El Poder" é o título das XIII Jornadas de "La Otra Psiquiatría" que terán lugar o 13 e 14 de maio de 2016 no Salón de actos do Hospital Universitario Río Hortega (HURH) Valladolid.
Aforo máximo 200 asistentes. As prazas asinaranse aos solicitantes por orde de recepción.
Inscríbete enviando un correo electrónico co teu nome completo, profesión e lugar de traballo a laotrapsiquiatria2014@gmail.com
Se aínda non te inscribiches nas II Xornadas de Psicopatoloxía e Cultura “Loucura e Cidade” todavía estás a tempo!!
Celebraranse o xoves 21 de abril de 2016 en horario de 9.00h-14.00h no Salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Recorda que tes ata o vindeiro luns 18 de abril para inscribirte enviando un correo electrónico a saludmentallugo@gmail.com
Terá lugar o 15 de abril de 2016 en horario de 16:30 h - 20:30 h. na aula 1 de docencia, bloque D do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Actividade recoñecida de interese sanitario.
A participación é aberta ata cubir inscricións.
Poderedes facer a inscrición a través desta páxina web ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org
Dispoñibles as conclusións resultantes da I Xornada da AGSM-AEN "Do que está en crise"
A celebrar en Santiago de Compostela o día 23 de outubro de 2015 na aula Castelao da Facultade de Medicina.
Declaradas de interese sanitario. Acreditadas con 0,7 créditos polo sistema de formación continuada de profesión sanitarias.
O grupo de jazz Foolmakers pechará as I Xornadas da AGSM-AEN