diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA AGSM-AEN

19/11/2016

 

Compartimos o texto co que Ramón Area, Presidente da AGSM-AEN, inaugurou en Ourense a II Xornada da Asociación Galega de Saúde Mental "As Declinacións da Loucura"


 

Bos días a todos. Desexo comezar agradecendo a asistencia dos inscritos, o traballo do comité organizador e a colaboración das institucións que xenerosamente deron apoio e medios.

 

A AGSM ten moito que ver con Ourense. Unha parte importante da directiva traballa aquí e hai moita historia ao redor de Cabaleiro, Lamas, Toén e, de xeito máis recente, Piñor. Unha certa orixinalidade caracterizou de sempre as iniciativas en saúde mental que xurdiron dende esta cidade e por iso non me sorprendeu o título. Intuín que na frase As declinacións da loucura se estaba a suxerir algo importante.

 

Ao primeiro lembreime das clases de latín e daquela recitación memorística que adormecía: liberta, liberta, libertam, libertae, libertae, liberta. O aburrimento máis sublime (e aprenderse as declinacións do latín pertencía a esa clase de fastío) ten un poder particular. Nalgúns intres, mentres só desexas entrar en modo papamoscas e que chegue rápido a hora do recreo, a un asoláganlle preguntas ben extrañas. En concreto, un venres pola tarde, nun mes de novembro, fai unha chea de anos e aquí, en Ourense, no instituto de As Lagoas, veume unha dúbida ao siso: Por que algunhas linguas teñen declinacións e outras non? Cal é o seu verdadeiro sentido, a razón última da súa existencia?

 

Escóitase ata a saciedade acerca da relevancia do método científico na comprensión da realidade, pero coido que, en xeral, se lle outorga pouca importancia á cuestión da diversidade lingüística. Houbo e hai unha chea de linguas que, máis aló do léxico, das expresións idiomáticas máis singulares ou das diferenzas gramaticais, posúen algunhas particularidades que semellan insertarse na súa estrutura profunda ata conformar diferentes xeitos de captar o mundo.

A declinación é unha destas cuestións tipolóxicas que revelan, ao través do estudo das línguas, a variedade de aproximacións á realidade. Así como conxugar é deixar claro no verbo o tempo (pasado, presente, futuro...), os intervintes (primeira, segunda ou terceira persoa, singular ou plural) ou o modo (indicativo, subxuntivo...); Declinar é facer explícito no sustantivo a función que cumple na oración. Non todas as línguas obrigan a esta marcaxe e non todas as línguas flexivas establecen os mesmos casos, esto é, as mesmas funcións para o nome.

 

O discurso dominante en saúde mental non declina a loucura. O seu texto ignora a complexidade e a necesidade de incorporar diferentes perspectivas ao sufrimento psíquico. Non obstante, a loucura, encanto nome, pode situarse de moitos xeitos na linguaxe. No latín, a súa declinación obrigaría a coñecer as formas para os seis casos posíbeis: loucura, loucura, loucuram, loucurae, loucurae, loucura.

 

A loucura nominativa implica que a loucura é o suxeito do verbo. Ou, de proceder á metáfora, cando constitúe de verdade o centro da atención, aquilo para o que se artella o sistema sanitario por riba doutras encomendas que a sociedade e o poder fanlle á psiquiatría.

 

Teríamos logo a loucura en xenitivo, no caso de que exprese na frase unha marca de propiedade (cousas de tolos) e que debería levarnos a cavilar se existe unha radical diferenza entre a normalidade e a anormalidade.

 

Do caso dativo adoita dicirse que corresponde co complemento indirecto. Ou sexa, indica o destinatario da acción verbal (para os tolos). A loucura en dativo estaría a falar do que se dedica e do que se escatima na atención en saúde mental.

 

O acusativo, pola contra, correspóndese o obxecto directo (aos tolos). Trátase dunha relación non mediada entre o nome e o verbo e tende a contemplar a loucura como algo no que actuar, da orde da acción pero non só dende a terapéutica senón tamén dende a ética e os dereitos, que tamén poden ter os seus verbos, digo eu.

 

O ablativo é un complemento circunstancial (onde os tolos, cos tolos, cando os tolos). A loucura en ablativo daría conta dos distintos lugares asistencias, das diferenzas no xeito de entender o tempo, das eleccións dos outros fronte a loucura.

 

A loucura declina moito máis aló do latín. Noutras linguas existen casos distintos, como o abesivo (a ausencia de algo), o adesivo (localización adxacente), o comitativo (en compaña de alguén), o elativo (fóra de algo), o traslativo (o cambio dunha condición notra nova).

 

Saber declinar non é recitar palabras en latín. Coido que é recoñecer a complexidade das persoas e do mundo, admitir que existen miradas e saberes diferentes mesmo inscritas na tipoloxía das línguas.

 

E aprender a exclamar, de cando en vez, ¡o tempora, o mores!

 

Ramón Area

Presidente da AGSM-AEN

diario

VI Xornadas Tiburcio Angosto Psicopatoloxía e...

23/03/2022
diario

VISITA REALIZADA POR MNP-DEFENSOR DEL PUEBLO ...

01/11/2021
diario

V XORNADAS AGSM-AEN "NOVO TRATO"

06/09/2021
diario

SISO SAÚDE 66-67

26/07/2021
diario

SISO SAÚDE 64-65

29/09/2020
diario

SAÚDE MENTAL NO CONTEXTO DE COVID

06/05/2020
diario

Bioética e COVID-19

13/04/2020
diario

COVID-19 Recursos de interese

08/04/2020
diario

DÓS EN SITUACIÓN DE CONFINAMENTO

02/04/2020
diario

Acceso aberto a información científica sobre...

02/04/2020
diario

Saúde mental comunitaria en tempos de...

01/04/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

31/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

27/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

25/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

24/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

23/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

21/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

20/03/2020
diario

XXIX Jornadas Nacionales AEN "Vidas Dañadas en...

19/02/2020
diario

VALORACIÓN DA FICHA DE SEGUIMENTO DA VISITA...

04/02/2020
diario

Comunicado sobre a situación das persoas sen...

06/11/2019
diario

VENDA DE SISO SAÚDE

05/11/2019
diario

DOCUMENTO COMUNICACIÓNS LIBRES "Fronteras"

20/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN COMUNICACIÓNS...

19/06/2019
diario

SISO SAÚDE 62-63

13/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

07/06/2019
diario

POLBO E MÚSICA EN DIRECTO NA CEA XXVIII...

09/05/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

20/02/2019
diario

NORMAS PRESENTACIÓN COMUNICACIÓNS LIBRES ...

13/02/2019
diario

XVI Jornadas de LA OTRA PSIQUIATRÍA Clínica...

12/02/2019
diario

AVALIACIÓN ESTIMATIVA DO PLAN ESTRATÉXICO DE...

11/02/2019
diario

V Xornada de Psicopatoloxía e Cultura...

04/02/2019
diario

INFORME TÉCNICO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE...

24/12/2018
diario

IV Xornadas AGSM-AEN, “Contrastes”

11/10/2018
diario

A xustiza obriga o Sergas a cesar o xefe de...

04/10/2018
diario

RECURSOS RESIDENCIAIS NO TRASTORNO MENTAL...

10/09/2018
diario

Visita Defensor del Pueblo (Mecanismo de...

03/07/2018
diario

Informe MNP do Defensor del Pueblo Hospital...

14/06/2018
diario

XXVII Congreso da AEN-PSM “Aprender del...

28/05/2018
diario

CONVERSAS AGSM AS UNIDADES DE SAÚDE MENTAL

23/05/2018
diario

SISO-SAÚDE 60-61

10/04/2018
diario

IV Xornada de Psicopatoloxía e Cultura DE...

19/03/2018
diario

INFORME TÉCNICO COMITÉ VALORACIÓN...

28/02/2018
diario

I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE...

08/11/2017
diario

O TSXG da a razón ó ex-xefe de Psiquiatría...

28/10/2017
diario

Xornadas AGSM-Pontevedra "Sufrimento...

20/09/2017
diario

PLAN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN GALICIA ...

08/09/2017
diario

Festa dos 35 anos do Siso Saúde

04/06/2017
diario

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

03/05/2017
diario

O primeiro Inter-nós e o primeiro Siso

26/04/2017
diario

A FESTA DOS 35 ANOS DO SISO SAÚDE

07/04/2017
diario

SISO SAÚDE 58-59

22/03/2017
diario

XXVII JORNADAS NACIONALES SALUD MENTAL AEN...

16/03/2017
diario

III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura ...

25/02/2017
diario

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

22/02/2017
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN SOBRE A XEFATURA DE...

21/12/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" ACTO DE CLAUSURA...

20/11/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA...

19/11/2016
diario

II XORNADA AGSM-AEN "AS DECLINACIÓNS DA...

23/10/2016
diario

IV Jornadas Interautonómicas de Salud Mental...

15/10/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

29/05/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

11/05/2016
diario

XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación...

23/04/2016
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN EN RELACIÓN A ...

13/04/2016
diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016
diario

XIII JORNADAS DE LA OTRA PSIQUIATRÍA "EL...

22/03/2016
diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA...

20/03/2016
diario

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "VERSIÓN...

17/03/2016
diario

Conclusións I xornada AGSM-AEN

14/12/2015
diario

I XORNADA DA AGSM-AEN "DO QUE ESTÁ EN CRISE"

14/09/2015
diario

FOOLMAKERS

19/09/2015