Compartimos o cartel da próxima III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura "Música, Loucura e Creatividade" a celebrar en Lugo o 20 de abril de 2017.
Inscricións: SALUDMENTALLUGO@GMAIL.COM (Data Límite: 17 de abril de 2017)
Probabelmente, a atípica sesión psicoanalítica entre Freud e Mahler iniciou o interese da historia da psiquiatría polo xeito de relacionarse os conflictos intrapsíquicos coa creación musical. Este encontro é o argumento central do filme que proxectaremos ao comezo da xornada.
O mundo da ópera clásica foi tamén estudado dende a perspectiva psicopatolóxica, tal e como propón o texto enviado polo doutor Jean Garrabé.
Máis aló da música clásica, dedicaremos unha ponencia a Brian Wilson, líder dos Beach Boys, e a súa relación co seu primeiro e deshonesto terapeuta.
Outros temas presentes nestas xornadas serán a relación entre a voz e as emocións así como a curación/estabilización ao través da creación musical.
O pianista James Rhodes di que a música é o esperanto das emocións e que tocar a “Chaconne” de Johan Sebastian Bach proporcionoulle o equilibrio necesario para sobrevivir a unha infancia terríbel.
Entre todos, trataremos de afondar nesta apaixoante relación entre o psiquismo e a música.
Programa
9.00 Presentación da Xornada
9.20 PROXECCIÓN PELÍCULA:
“MAHLER EN EL DIVÁN” (“Mahler auf der couch”)
Directores: Percy Adlon & Felix Adlon (2010) (98’)
11.00 Gustav Mahler
ALEJANDRA NOVOA (MIR, HULA)
FÁTIMA PIÑEIRO (PIR,. HULA)
11.30 Descanso café.
12.00 A música como vía curativa.
ABE RÁBADE
(Pianista de jazz e Profesor)
12.30 Os sinais da voz
PILAR MARTÍNEZ (PILOCHA)
(Cantante)
13.00 Brian Wilson versus Paul McCartney:
Loucura e Beleza
ANTÓN SEOANE (Psiquiatra e Músico)
13.30 Mesmer, Mozart e o magnetismo animal
Texto de JEAN GARRABÉ, lido por Tiburcio Angosto
14.00 Coloquio e peche das Xornadas
TIBURCIO ANGOSTO
Organiza: COMISIÓN DE DOCENCIA DA UNIDADE DOCENTE DE PSIQUIATRÍA E PSICOLOXÍA CLÍNICA DO H.U.L.A.
Coordina: ELENA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (Psiquiatra HULA) TIBURCIO ANGOSTO SAURA (Psiquiatra Hospital Vithas Fátima de Vigo) e LUIS VILA PILLADO (Xefe de Servizo Psiquiatría HULA)
Entidades colaboradoras: Asociación Galega de Saúde Mental-AEN. EOXI de Lugo. Consellería de Sanidade. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A Asemblea Xeral Ordinaria da AGSM-AEN, terá lugar no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria.
Podedes acceder ao cartel no arquivo que se xunta